O ano comezou en Galiza cun aumento do paro e cunha forte caída da afiliación á Seguridade Social
Tras o espellismo provocado pola campaña de Nadal, o ano comezou en Galiza amosando a verdadeira faciana do mercado laboral, co paro e a temporalidade na contratación como principais características. O pasado mes de xaneiro o noso país rexistrou un aumento do desemprego do 0,88%, mentres que a afiliación á Seguridade Social descendeu un 1,05%.
Deste xeito, segundo os datos de paro rexistrado que se veñen de coñecer, o total de persoas anotadas como desempregadas sitúase en 153.584, mentres que a media de afiliacións á Seguridade Social é de 1.021.784, o que representa un descenso de 10.831 persoas con respecto a decembro.
|
|
|
Evolución |
|
Afiliación á SS |
2021 |
2022 |
Mensual |
|
|
Decembro |
Xaneiro |
Absoluta |
% |
A coruña |
444.356 |
439.489 |
-4867 |
-1,10 |
Lugo |
122.708 |
121.608 |
-1101 |
-0,90 |
Ourense |
103.192 |
102.317 |
-875 |
-0,85 |
Pontevedra |
362.528 |
358.540 |
-3988 |
-1,10 |
Total |
1.032.784 |
1.021.954 |
-10831 |
-1,05 |
Fonte: Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
O mercado laboral galego volveu experimentar un peor comportamento (con 1348 persoas paradas máis) que o estatal, onde o medre do desemprego foi do 0,55%. Ademais, a caída da afiliación media no noso país superou en oito veces o aumento do desemprego.
Esta baixada do número de persoas afiliadas afectou a todas as provincias, pero os maiores descensos rexistráronse nas provincias da Coruña e de Pontevedra. Do medre do desemprego tan só se librou a de Pontevedra, e os maiores incrementos rexistráronse nas da Coruña (1,5%) e Lugo (1,94%).
Paradas por provincia |
|
|
Evolución |
|
|
2021 |
2022 |
Mensual |
|
|
Decembro |
Xaneiro |
Absoluta |
% |
A Coruña |
60.891 |
61.853 |
962 |
1,58 |
Lugo |
14.546 |
14.828 |
282 |
1,94 |
Ourense |
17.046 |
17.197 |
151 |
0,89 |
Pontevedra |
60.101 |
60.054 |
- 47 |
-0,08 |
Total |
152.584 |
153.932 |
1.348 |
0,88 |
Fonte: SEPE.
Aínda que o desemprego aumentou tanto entre os homes como entre as mulleres, entre as mulleres os indicadores son máis negativos.
Paradas por sexo |
|
|
Evolución |
|
|
2.021 |
2022 |
Mensual |
|
Sexo |
Decembro |
Xaneiro |
Absoluta |
% |
Homes |
64.743 |
65.274 |
531 |
0,82 |
Mulleres |
87.841 |
88.658 |
817 |
0,93 |
Total |
152.584 |
153.932 |
1.348 |
0,88 |
Fonte: SEPE.
E a nivel sectorial, o que marcou a tendencia negativa neste último mes foi o sector servizos, no que se rexistraron 2133 persoas paradas máis, un incremento do 2%. No resto dos sectores descendeu o desemprego.
Paradas por sector |
|
|
Evolución |
|
|
2021 |
2022 |
Mensual |
|
|
Decembro |
Xaneiro |
Absoluta |
% |
Sector primario |
5738 |
5733 |
-5 |
-0,09 |
Industria |
17.071 |
16.669 |
-402 |
-2,35 |
Construción |
11.399 |
11.282 |
-117 |
-1,03 |
Servizos |
106.532 |
108.665 |
2133 |
2,00 |
Sen emprego anterior |
11.844 |
11.583 |
-261 |
-2,20 |
Total |
152.584 |
153.932 |
1348 |
0,88 |
Fonte: SEPE.
No que atinxe á contratación, rexistráronse 70.942 contratos, dos que unicamente o 16,1% foi de carácter indefinido. En canto ás persoas que permanecen en situación de ERTE, o último día de xaneiro contabilizábanse 5330 (2866 mulleres e 2358 homes), das que 4423 estaban en ERTE derivado da covid.
Efectos perversos da reforma laboral
Para o secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, os datos amosan xa os efectos máis perversos da nova reforma laboral antes incluso da súa presumíbel aprobación definitiva. A contratación temporal continúa por enriba do 80%, mentres que a indefinida aumenta máis nas modalidades máis precarias: na indefinida parcial medra un 40% a nivel estatal, e nos fixos descontinuos increméntase un 50%. “Esta última modalidade de contratación indefinida non é máis que agochar contratación eventual baixo o eufemismo de fixo descontinuo”, denuncia.
Ademais, sinala que o 68% da contratación indefinida do noso país rexistrouse no sector servizos, que é onde se agochan as maiores bolsas de precariedade laboral.
Finalmente, o responsábel sindical pon o acento tamén sobre o elevado número de persoas traballadoras que se atopa aínda en ERTE, “o que vén a demostrar que a reforma laboral estableceu o ERTE como unha ferramenta de flexibilidade para as empresas a conta da prestación de desemprego das persoas traballadoras”.