
Amplo seguimento da folga en AIMEN do Porriño para reclamar unha actualización salarial

Unha boa parte do persoal do Centro Tecnológico AIMEN do Porriño secundou hoxe a folga de catro horas convocada ante a negativa da dirección a abordar a actualización salarial conforme ao IPC. A xornada incluíu concentracións diante dos dous centros de traballo da empresa e unha manifestación posterior até o Concello do Porriño.

O paro parcial comezou ás 10:00 horas cunha concentración diante as instalacións de AIMEN en Cataboi na que participaron numerosas persoas traballadoras. A continuación trasladaron a protesta até o centro de traballo de Torneiros, dende onde saíron en manifestación até o Concello do Porriño. A folga rematou ás 14:00 horas co regreso do persoal aos seus postos de traballo.
A actualización salarial a IPC faise dende sempre a pesar de non contemplarse no convenio de Oficinas e Despachos, pero hai tres anos fíxose unha suba parcial porque o IPC era elevado e o balance económico da empresa rexistraba perdas. Foi necesaria unha mediación no AGA para chegar a un acordo para 2023 e 202, mais este ano, a pesar de que a situación económica da empresa é favorábel ao rexistrar importantes ganancias, AIMEN négase a actualizar os soldos.
“Temos solicitado varias xuntanzas cos dirección para abordar o tema porque as persoas traballadoras non estamos dispostas a asumir a perda de poder adquisitivo que vimos arrastrando, mais a empresa non amosou vontade algunha de reunirse”, lamentan dende o comité. De empresa Por iso na última asemblea de persoas traballadoras decidiuse volver á rúa a reivindicar a suba salarial conforme ao IPC.
Ademais, a representación sindical tivo que denunciar a compañía na Inspección de Traballo, que vai ser sancionada por faltas moi graves ao non facilitar a información económica da empresa en tempo en forma, por deficiencias en materia de rexistro de xornada e ao non cederlle un local ao comité, algo ao que ten dereito por lei. As diferencias salariais entre homes e mulleres existentes en AIMEN tamén foron obxecto de denuncia diante da autoridade laboral, mais o comité continúa á espera da resolución sobre este asunto.
Finalmente, dende a CIG-Banca censuran que unha empresa que recibe subvencións millonarias da Xunta, do Goberno español e da Unión Europea e que vai construír un novo centro do de traballo no Porriño se negue a actualizar os soldos e manteña discriminacións salariais por razón de sexo.
A Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN) é una asociación privada sen ánimo de lucro constituída no 1967 por iniciativa de un grupo de empresarios galegos e na actualidade conta cun cadro de persoal de 315 persoas.