
Nova xornda de folga na estiba

O 100% dos traballadores da estiba do porto de Ferrol están secundando a segunda xornada de folga convocada no sector para esta semana, en demanda da subrogación de todo o persoal que vén prestando os seus servizos nas SAGEP. Os paros efectivizáronse logo de rachar as negociacións coa patronal Anesco, que está a incumprir o preacordo acadado coa respresentación sindical, para garantir o mantemento de todos os empregos.