Nova xornada de protestas dos traballadores e traballadoras de XEAL

Cee - 30 Xul 2021
Os traballadores e traballadora de XEAL (antiga Ferroatlántica de Cee, Dumbría e as centrais) seguen na loita para esixir un plan industrial e un calendario de rearranque dos fornos que dea viabilidade as factorías e garanta a continuidade dos empregos. De igual xeito, demandan o cese da represión sindical iniciada pola dirección, a readmisión do compañeiro despedido, e que a empresa adopte medidas ante os presuntos casos de agresión denunciados por dúas traballadoras.