Nova protesta de ex traballadoras/es de GEA para reclamar o pago dos terreos da fábrica

Vigo - 20 Dec 2016

Ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) desenvolveron hoxe unha nova protesta, esta vez xunto á farola de Urzaiz en Vigo, para reclamar o pago dos terreos que ocupaba a fábrica.

Segundo os cálculos da CIG, a inmobiliaria Subel, propietaria dos terreros, aínda ten pendente de pagar uns dous millóns de euros a un colectivo formado por máis de 200 persoas. Unha cantidade, apunta o secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Marcos Conde, que a inmobiliaria pode afrontar "sen problemas".

MÁIS INFO: Ex-traballadoras/es de GEA reclaman á Inversiones Subel que pague "dunha vez" o pactado