No pasamento do militante nacionalista Xosé Anxo Cuba
Ante a triste nova do pasamento de Xosé Anxo Cuba, histórico militante do nacionalismo galego e do sindicalismo nacionalista, a Confederación Intersindical Galega quer amosar as súas condolencias e solidariedade á súa familia e amizades, así como ao conxunto do movemento nacionalista galego, que tivo en Xosé Anxo Cuba un activista entregado á causa da liberación nacional e social de Galiza.
Desde comezos da décadas dos 80, Cuba formou parte dos núcleos militantes do nacionalismo político e sindical, primeiramente na zona da Barbanza e As Rías, e posteriormente en Lugo. Froito do seu compromiso, chegou a desenvolver diferentes tarefas dentro do sindicalismo nacionalista, chegando a ter a responsabilidade de secretario comarcal da INTG, e despois da CIG, nesa bisbarra.
Na memoria do sindicalismo nacionalista e de clase ficará sempre o recordo do compañeiro Xosé Anxo Cuba, polo seu contributo exemplar en prol dunha Galiza ceibe e popular, e a construción dun mundo máis xusto.