Mobilizacións diarias en Emesa para esixir a readmisión de tres compañeiros
Os traballadores e as traballadoras de Emesa están a realizar concentracións diarias diante das instalacións da fábrica en Coirós para demandar a readmisión de tres compañeiros. Comité cualifica a decisión empresarial de desproporcionada e entende que se trata dunha represalia polo conflito colectivo presentado en reclamación dos complementos e pluses.
A representación do persoal considera que estes despedimentos formar parte "da estratexia de medo" aplicada pola empresa co seu persoal e son unha resposta a negativa do Comité a retirar a demanda de conflito colectivo, , cuxo xuízo se celebrou o pasado luns.
Neste senso, acusan ao Grupo Soil -que adquiriu a fábrica de Coirós o pasado ano- de aplicar unha serie de medidas no pouco tempo que leva xestionando Emesa que "coartan o normal diálogo que debe existir entre os traballadores/as e a propiedade e imposibilitan acordos que poidan ser beneficiosos para as dúas partes".
Xunto a isto, denuncian a precarización paulatina do traballo e mesmo que a empresa agardou a que o período de ultraactividade rematara do convenio propio para, ao día seguinte, comunicar o descolgue do mesmo.