Mobilizacións de SOS Sanidade Pública, este mércores día 30 de novembro, en Defensa da Atención Primaria

A Plataforma chama a participar masivamente nos diferentes actos previstos e a apoiar a ILP
Nacional - 29 Nov 2022

A CIG fai un chamamento a participar masivamente nas mobilizacións e actos convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública en cidades e vilas do país, para mañá mércores, día 30 de novembro, en Defensa da Atención Primaria e a todo o sistema sanitario público galego, ameazado polas políticas de recortes e demantelamento da Xunta de Galiza a consellaría de Sanidade. A plataforma chama ademais a apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular para que chegue co maior respaldo posible ao Parlamento de Galiza.

A poboación sofre importantes trabas e limitacións para acceder e ser atendida nos Centros de Saúde, PAC e Servizos de Pediatría de Atención Primaria. Soporta listas de espera de días ou semanas e consultas masificadas; o peche de PAC e centros de saúde rurais; a perda da promoción, prevención, promoción, rehabilitación  e atención ás  enfermidades crónicas e o abandono da participación comunitaria.

Entre mentres, o persoal dos centros de saúde e PAC esta sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral e a unha enorme presión asistencial por falta de recursos.

Por iso SOS Sanidade Pública convoca á cidadanía a que demostre o seu rexeitamento ao desmantelamento do Sistema Sanitario Público e pide o seu apoio masivo á ILP na que propón que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para por en valor a nosa Atención Primaria.

A plataforma lembra que “só a mobilización social, en alianza co persoal da sanidade pública, pode frear o deterioro da Atención Primaria”.

MOBILIZACIÓNS

 - A Coruña: 20:00 horas Obelisco

 - Ferrol: 19:00 horas diante Ambulatorio Fontenla Maristani

 - A Mariña: 12:00 horas Centro Saúde de Burela

 -  Vigo: 19:00 horas fronte ao Marco, Rua do Príncipe

 - Pontevedra: 19:00 horas, cruce Benito Corbal con Sagasta

 - Santiago de Compostela: Praza Roxa as 20:00 horas

- Grove: 8:00 horas a 10:00 horas diante centro de Saúde; de 10:30 a 12:30 Rúa Castelao

- Sanxenxo: Centro Saúde Baltar de 8:30 a 11:00 e Centro de Saúde Vilalonga 12:30 a 14:00

- Ribadumia: Recollida sinaturas de 10:00 a 12:00 Centro de Saúde

- Moaña: 12:00 horas fronte ao Centro de Saúde

- Ponteareas: Cacerolada as 19:00 horas na Praza Bugallal

 - A Guarda: 20:00 horas na Praza Avelino Vicente

- Val Miñor: 19:00 horas Alameda Ramallosa

- Cambados: 11:30 horas diante do Centro de Saúde

- Cerdedo: convocatoria popular e aberta, ás 19:00 horas

- Arbo: 19:30 horas, na Praza do Concello

- Vilagarcía: 19:00 horas diante Centro de Saúde de San Roque

- Cee: mesa de recollida de sinaturas Praza de Marzo de 10:00h até as 20:00h.

- A Rochela: Recollida a partir das 19:00 horas e colocación de candeas no Centro de Saúde

- Condado Paradanta:  Seis alcaldes da comarca exixen aplicación de medidas urxentes no seus Centros de Saúde: Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza e Salceda de Caselas

- Naron: recollida de sinaturas no centro de saúde, Rúa Camiño do Lodairo de 19:30 a 21:00h

- Seixo: Recollida sinaturas diante do Centro de Saúde de Marín a partir das 11:00h

- A Garda: Concentración na praza Avelino Vicente (As de Copas) as 20:00h

- Acto artístico- reivindicativo da plataforma do Condado e a Paradanta (Covelo, Arbo, Cañiza, Ponteareas, As Neves, Salvaterra, Mondariz, Mondariz Balneario) as 19h. na Praza Bugallal de Ponteareas.

- O Rosal: concentración as 20:00h. na Praza do Calvario.