Medra o paro e a precariedade en Galiza e baixa a afiliación á Seguridade Social

O incremento do desemprego nas mulleres case que triplica o dos homes
Nacional - 04 Out 2021

Mentres de media, no estado español, se reduciu o número  de persoas desempregadas nun 2,28%, o que equivale a 518.683 persoas paradas menos, en Galiza, no mesmo período, o desemprego aumentou un 1,18%, 1.790 desempregadas e desempregados máis, situando o número total en 153.043. O desemprego castigou especialmente as mulleres que son, ademais, as máis afectadas polos ERTE. Ao tempo aumenta a precariedade e baixa a afiliación á Seguridade Social.

A situación confirma o carácter estacional do emprego en Galiza, a grave situación de temporalidade do noso mercado de traballo e a dependencia do sector Servizos. Así o sinala o secretario confederal de Emprego, Fran Cartelle, quen denuncia que hai “moito ruído nas propostas do que o goberno vai facer e poucas noces ao consolidar na práctica o modelo da precariedade e da rotación no mundo do traballo. Moito ruído nas medidas para favorecer á muller no mundo do traballo e poucas noces afondando nun mundo do traballo que segue a marxinar á muller. Moito ruído da Xunta en anuncios mediáticos e macroxuntanzas na Toxa e poucas noces na realidade da vida da xente que segue a estar condicionada pola desertización industrial do país”.

Xunto a isto, apunta á “incompetencia do PP á fronte da Xunta, que continúa a amosarse incapaz de defender os nosos sectores produtivos e o noso tecido empresarial e, polo tanto, de xerar emprego de calidade” e rexeita o “triunfalismo” do goberno español, ao que exixe a derrogación inmediata das reformas laborais, para frear esta situación.

Cartelle lembra ademais que a CIG vén demandando a posta en marcha dun plan de reactivación económica e reindustrialización que permita a creación de emprego digno que evite que, mes a mes, “vexamos como avance a crise e como a precariedade, a temporalidade, a pobreza laboral e a destrución da industria”. Unha realidade que considera “terca” porque  “máis alá da propaganda está a gravísima situación de explotación que a clase traballadora está a sufrir”.

Os datos

Segundo os datos de paro rexistrado, o medre do desemprego no sector servizos, xunto co incremento entre as persoas que buscan o seu primeiro emprego, explican esta evolución do paro no mes de setembro en Galiza.

Persoas paradas segundo sector.

Sectores

2021

Evolución

 
 

Agosto

Setembro

Absoluta

%

S primario

5097

5040

-               57  

-1,12

Industria

         17.313  

         17.143  

-             170  

-0,98

Construción

         11.009  

         10.845  

-             164  

-1,49

Servizos

      106.076  

      108.049  

           1.973  

1,86

Sen emprego anterior

         11.769  

         11.977  

               208  

1,77

Fonte: SEPE.

Os datos confirman ademais que continúan sendo as mulleres as máis prexudicadas desta última fase económica.

Persoas paradas segundo sexo.

 

                                      2.021  

Evolución

 

Sexo

Agosto

Setembro

Absoluta

%

Homes

         62.010  

         62.376  

               366  

0,59

Mulleres

         89.254  

         90.678  

           1.424  

1,60

Fonte: SEPE

De feito, o medre do desemprego entre as mulleres no último mes estivo preto de triplicar o aumento entre os homes xa que preto do 60% das persoas paradas son mulleres.

Canda isto son tamén as mulleres as máis afectadas polos ERTE. De media, no mes de setembro, houbo 10.190 persoas incluídas en ERTE das que 5.601 son mulleres, mentres que 4.241 foron homes.

En todas as provincias aumentou o desemprego.

 

2021

Evolución

 
 

Agosto

Setembro

Absoluta

%

A coruña

         60.802  

         61.785  

               983  

1,62

Lugo

         14.409  

         14.964  

               555  

3,85

Ourense

         17.413  

         17.607  

               194  

1,11

Pontevedra

         58.640  

         58.698  

                 58  

0,10

Total

      151.264  

      153.054  

           1.790  

1,18

Fonte: SEPE.

En termos absolutos, foi na provincia de A Coruña, onde se rexistrou o maior incremento con 983 persoas máis rexistradas como paradas. Porén, en termos relativos foi en Lugo, onde máis medrou o desemprego un 3,85%.

Seguridade Social

No que atinxe á afiliación á Seguridade Social os datos constatan, asemade, un comportamento negativo do mercado de traballo.

 Afiliación á Seguridade Social

 

2021

Evolución

 
 

Agosto

Setembro

Absoluta

%

A coruña

444.060

441.585

-         2.475  

-0,56

Lugo

125.104

123.864

-         1.240  

-0,99

Ourense

104.066

103.802

-             264  

-0,25

Pontevedra

366.241

364.978

-         1.263  

-0,34

Total

1.039.470

1.034.229

-         5.241  

-0,50

Fonte: TGSS

A caída da afiliación afectou a 5.241 persoas en Galiza, un 0,50%. Entre mentres, na media estatal, aumentou en preto de 58.000 persoas afiliadas.

Respecto da contratación, rexistráronse 96.615 contratos no SEPE en Galiza, dos cales tan só o 8,7% baixo algunha das modalidades existentes de contratación indefinida.

O número de contratos aumentou un 2% con respecto ao mes anterior, o que unido ao medre do desemprego, permite aseverar o aumento da rotación do emprego e polo tanto o medre da precariedade.