Medra o desemprego en Galiza en todas as provincias, sectores, idades e sexos

O paro cébase coas mulleres que representan o 76% do total de novas persoas desempregadas
Nacional - 02 Set 2022

Se ben agosto é un mes no que tradicionalmente comeza a medrar o desemprego, este ano, e dados os cambios nas modalidades de contratación debería ter mudado esa tendencia. Porén, non foi así. O número de persoas desempregadas anotadas no SEPE aumentou en 2.062, acadando a cifra total de 141.912 parados/as en Galiza. Un 1,47% máis que no mes anterior e por riba da media estatal, onde medrou un 1,40%.

Estes datos son, para o secretario confederal de Emprego, Francisco González Sío, preocupantes porque veñen constatar que aquí a crise afecta máis que na media do Estado. E é que ademais, ese medre foi xeneralizado nas catro provincias, en ambos sexos, por sectores e idades. “Demostra que é algo que vai afectar independentemente do sector no que esteas ou da idade que teñas e que as empresas, á hora de facer axustes nos cadros de persoal, non van ter custo nin problema ningún por despedir, porque non se derrogou a reforma laboral”.

As mulleres, as máis castigadas

González Sío chama a atención tamén sobre o precarios e castigados que están diferentes sectores e colectivos. Neste sentido apunta que a evolución por sexos é moi diferente e, de feito, o medre do desemprego cebouse especialmente coas mulleres, xa que do total de novas persoas en desemprego, o 76% son mulleres.

Poboación parada por sexo

 

 

 

Evolución

 

2022

2022

Mensual

Sexo

Xullo

Agosto

Absoluta

%

Homes

         57.621  

         58.113  

               492  

0,85

Mulleres

         82.229  

         83.799  

           1.570  

1,91

 

      139.850  

      141.912  

           2.062  

1,47

Fonte: SEPE

Por sectores onde máis medrou o paro – o 81,5%- foi no sector Servizos o que para o secretario confederal de Emprego da CIG vén confirmar “o fracaso dun modelo produtivo baseado no turismo”. Con todo tamén considera preocupante que sectores que no período estival non se deberían ver afectados, como a Construción e a Industria, si que o estean, “o que demostra que a crise está aí”, advirte.

Poboación parada por sector económico

 

 

 

Evolución

Sectores

2022

2022

Mensual

 

Xullo

Agosto

Absoluta

%

S primario

             4.864

4761

-             103  

-2,12

Industria

           14.743

         14.957  

               214  

1,45

Construción

             9.878

           9.919  

                 41  

0,42

Servizos

           99.066

      100.747  

           1.681  

1,70

Sen emprego anterior

           11.299

         11.528  

               229  

2,03

 

      139.850  

      141.912  

           2.062  

1,47

Fonte: SEPE

González Sío relaciona esta situación cos problemas derivados da carestía da vida, co  problema enorme que hai pola paralización da negociación colectiva, que está paralizando, á súa vez, os incrementos salariais o que está levando a que o consumo interno se vexa freado.

A maquillaxe da reforma

Respecto da contratación, o secretario confederal de Emprego sinala que este ano, por mor da “marabillosa reforma laboral asinada a principios de ano, debería cambiar esta tendencia”. Explica que, porén, vemos como as modalidades de contratación, sobre todo o que ten que ver coa contratación temporal por circunstancias de produción, aumentou notablemente con respecto a xaneiro, case un 20%, así como os contratos de interinidade, que se chaman agora de substitución, que, máis ou menos, mantéñense igual.

Polo tanto, entende que “aquí o que houbo foi unha maquillaxe, cambiando os contratos de obra e servizo a fixos discontinuos e co resto das modalidades continuando en valores semellantes”.

Máis contratos fixos discontinuos

Os datos reflicten ademais unha situación moi preocupante. No mes de xullo inscribíronse máis contratos indefinidos fixos discontinuos que a xornada completa nos indefinidos ordinarios. Xunto a isto cómpre ter en conta que “mentres que en xaneiro os indefinidos a tempo completo eran a maioría entre a contratación indefinida, desde abril as outras dúas modalidades xuntas superan a esta xornada”, subliña.

 

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

xullo

Indefinidos

             

X tempo completo

             7.190

             8.846

               10.920

           12.484

           12.305

           13.537

           13.118

X. tempo parcial

             3.159

             4.658

                 6.485

             7.906

             7.482

             7.862

             7.593

Fixos-discontinuos

             1.062

             1.528

                 3.129

             6.789

             6.620

             8.396

             9.398

 

Isto, ao seu entender, demostra que xa hai unha tendencia por parte da patronal a recorrer, por defecto, ao contrato fixo discontinuo a tempo parcial e non o indefinido a tempo completo. “Isto conleva unha parcialidade dos salarios e do traballo, co cal vai a haber unha caída das rendas”, advirte, engadindo que “tamén conleva, e isto o demostran os datos, que ao ter a estas persoas con este tipo de contratos e non haber unha derrogación das reformas laborais do 10 e 12, que siga sendo moi barato despedir e, polo tanto, que ante calquera axuste económico, que o vai a haber, porque a crise está aí, non custe absolutamente nada desfacerse das persoas que teñen contrato indefinido, como se fixo anteriormente e de forma continuada coas persoas que tiñan contrato temporal”.

As contías das indemnizacións e do paro, ao ter ingresos menores, van ser aínda menores

 O único que vai pasar, segundo González Sío, é que “as contías das indemnizacións e do paro destas persoas, ao ter ingresos menores, van ser aínda menores e, de feito, estase vendo de forma continuada que nas indemnizacións por despedimento está habendo unha baixada nas contías e seguramente tamén o haberá nas percepcións por desemprego xa que ao cobrar menos o 70% do paro é unha contía menor ao ter menor salario”.

Diante desta situación o secretario confederal de Emprego da CIG reitera a súa demanda de que se derroguen, de verdade, as reformas laborais. Canda isto, González Sío exixe á Xunta de Galiza políticas que potencien os nosos sectores produtivos, nomeadamente a Industria, para favorecer a creación de emprego con salarios e condicións dignas.