“Medio Rural, maltrata o persoal!”

Persoal técnico de incendios desenvolveu unha nova protesta diante da Xunta na Coruña
Nacional - 17 Ago 2020

Persoal técnico do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPIF) da Consellaría de Medio Rural, en folga indefinida dende o pasado día 1, volveu esta fin de semana á rúa para reclamar un novo acordo laboral e unha resposta máis eficaz do servizo. Nesta ocasión a protesta tivo lugar o sábado diante do edificio da Xunta na Coruña, onde un grupo de traballadores/as demandou melloras laborais e denunciou a súa situación ao berro de “Medio Rural, maltrata o persoal!”. As mobilizacións continuaron hoxe en Lugo, mentres que o mércores trasladaranse a Ourense.