A CIG-Administración Autonómica denuncia que máis do 30% dos postos do servizo de Gardacostas de Galiza (ao menos 38 do arredor de 125 postos operativos das bases) continúan sen cubrir após das tomas de posesión realizadas en decembro de 2025. Unha situación que está a provocar que haxa horarios no que as bases están inoperativas ou servizos que directamente non se poden prestar.
A pesar de das reiteradas demandas da CIG e das promesas feitas tanto pola Consellaría do Mar como pola Dirección Xeral de Emprego Público, transcorreron xa máis de seis meses sen que se adoptase una solución real para cubrir os postos, con isto o servizo continúa deteriorándose día tras día.
En febreiro deste ano aceptaron finalmente, tras as presión da CIG, realizar un chamamento conxunto e dunha soa vez que permitiría cubrir todas las prazas libres existentes, para que o persoal das listas das distintas especialidades poda achegarse o máximo posible ao seu domicilio, dada a dispersión das bases pola costa galega.
A CIG-Administración Autonómica entendia que esta xestión podía levar unhas semanas, pois antes de cubrirse por listas tiñan que saír todas a comisión de servizos para dar opción ao persoal funcionario de carreira. Porén a día de hoxe seguimos a espera aínda que a consellería do Mar manifestou que presentou a proposta de chamamento á Dirección Xeral de Emprego Público o 20 de abril, non hai chamamentos. En definitiva: 6 meses sen cubrir o 30% dos postos das bases de gardacostas.
Nestes momentos están as seguintes vacantes sen cubrir (38) nas bases do servizo (pode haber variacións de bases por cambios de persoal pero non de nuemro de postos sen cubrir):
- A Coruña: 2 mecánicos/as, 2 vixilantes e 1 subinspector/a
- Muxía: 2 patróns/as, 2 vixilantes e 1 mecánico/a
- Portosín: 1 patrón/a, 1 mecánico/a e 1 vixilante
- Celeiro: 1 patrón/a, 2 mecánicos/as e 4 vixilantes
- Vigo: 2 mecánicos/as e 2 vixilantes
- Ferrol: 1 patrón/a e 1 mecánico/a
- Ribeira: 2 patrón/a, 1 mecánico/a e 4 vixilantes
- Pontevedra: 2 vixilantes
- Vilagarcía: 3 vixilantes
Esta situación está a obrigar, en moitos casos a realizar saídas ao mar con dotacións incompletas asumindo riscos e maior carga de traballo e, noutros, directamente a paralizar embarcacións ou servizos por falta de persoal suficiente para garantir la operatividade e a seguridade da tripulación.
Non é a primeira vez que a CIG-Administración Autonómica denuncia o deterioro progresivo do servizo. Xa no ano 2024 advertia da paralización da embarcación Punta da Guía en Vigo pola falta de efectivos, consecuencia directa da ausencia de cobertura de prazas e da inacción da Administración.
A lentitude da Xunta do PP na cobertura de postos non é cousa nova e menos no Servizo de Gardacostas. Como pode entenderse que xusto tras as oposicións e a toma de posesión xa exista un 30% de vacantes? Urxe unha nova oferta de emprego con convocatorias e oposicións áxiles e que non demoren anos e, por suposto, co seu concurso de traslados previo.
Lembra que xa levan anos denunciando unha situación de precarización e abandono que sofre o persoal gardacostas polo goberno galego, xa que, malia desenvolver funcións esenciais, a día de hoxe aínda non é considerado un servizo de emerxencias, nin é prioritario nas leis de orzamentos para a súa cobertura áxil é directa como pasa no Servizo de Incendios Forestais, por exemplo.
Galiza necesita hoxe máis que nunca dun Servizo de Gardacostas forte, operativo e suficientemente dotado para garantir a loita contra o furtivismo e a pesca ilegal, o control da actividade extractiva e marisqueira, a vixilancia ambiental fronte aos episodios de contaminación mariña e a protección da saúde pública mediante o seguimento das zonas de producción e das vedas derivadas das mareas vermellas e doutros episodios biotóxicos. O desleixo á hora de cubrir os postos de gardacostas é tamén mostra da nefasta xestión da Xunta do PP co sector marítimo pesqueiro galego.
Desde a CIG-Autonómica esixen á Xunta de Galiza que deixe de demorar os chamamentos e proceda de maneira inmediata á cobertura de todas las vacantes existentes para recuperar a plena operatividade dun servicio público estratéxico para o país e que se sente a negociar medidas efectivas para que esta situación non se volva repetir.