Máis de 500 persoas berran “lumes, nunca máis” na manifestación celebrada en Ourense para reclamar outra política forestal
O Comité de Defensa do Monte Galego convocou unha nova protesta contra a lacra dos incendios
Máis de 500 persoas responderon á convocatoria do Comité de Defensa do Monte Galego de Ourense (CDMG) e participaron na manifestación celebrada este mércores na cidade baixo o lema 'Lumes, nunca máis. O noso monte importa'. Durante a mobilización denunciouse a falta de medios para loitar contra os incendios e reclamouse unha nova política forestal.