Máis de 50 organizacións piden ao Goberno español que non sexa cómplice da ocupación de Palestina
Máis 50 organizacións, entre elas a CIG, veñen de dirixirse por escrito ao presidente Pedro Sánchez, para demandar que o Goberno español "que non sexa cómplice da ocupación israelí de Palestina e que deixe de participar en exercicios militares con Israel".
Dada a participación do Estado español en manobras militares conxuntas con Israel no marco da OTAN, o SNMG-2, que comezou o pasado mes de febreiro, diversas organizacións dirixiron unha carta ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, á vicepresidenta 1ª, Carmen Calvo, ao vicepresidente 2ª e Ministro de Asuntos Sociais, Pablo Iglesias, á ministra de Defensa, Margarita Robles, e á ministra de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación, Arancha González Laya, lembrandolle a condición de Israel como potencia ocupante, o seu continuo desprezo polo dereito internacional e os dereitos da poboación palestina.
Na carta pídese ao goberno que non sexa cómplice destas accións colaborando e normalizando a ocupación e, pola contra, que inste a aplicación de políticas eficaces e coherentes coa defensa da paz e o dereito internacional, coa gobernanza internacional, os obxectivos de desenvolvemento sostíbel e defensa dos dereitos humanos.