Leve descenso do paro en Galiza en abril ligado ao sector servizos, mentres que a industria segue a destruír emprego
O mundo do traballo en Galiza continúa a amosar unha tendencia moi preocupante, xa que o habitual descenso do paro que se rexistra no mes de abril situouse nesta ocasión preto dun punto por debaixo da media estatal e circunscribiuse case exclusivamente ao sector servizos. A profunda crise industrial que atravesa o noso país continúa a avanzar, provocando unha nova perda de emprego neste sector.
Segundo os datos do desemprego que se veñen de coñecer, Galiza pechou abril con 150.602 persoas paradas anotadas no SEPE, 2734 persoas menos que no mes anterior, o que representa un descenso do 1,78%. Na media estatal a evolución foi máis favorábel, xa que o desemprego reduciuse case un punto máis, atinxindo o 2,77%. Este comportamento positivo vén sendo habitual en abril, e este ano non foi unha excepción, sobre todo tendo en conta que coincidiu coa Semana Santa.
Poboación parada por provincias.
P. parada |
|
|
Evolución |
|
|
2022 |
2022 |
Mensual |
|
|
Marzo |
Abril |
Absoluta |
% |
A Coruña |
60.790 |
59.363 |
-1427 |
-2,35 |
Lugo |
14.657 |
14.248 |
-409 |
-2,79 |
Ourense |
17.309 |
17.358 |
49 |
0,28 |
Pontevedra |
60.580 |
59.633 |
-947 |
-1,56 |
Total |
153.336 |
150.602 |
-2734 |
-1,78 |
Fonte: SEPE.
Esta circunstancia explica que o 95% dos novos contratos subscritos neste período fosen no sector servizos, mentres que a industria rexistrou un aumento do paro do 0,26%. En consecuencia, as provincias con maior poboación e maior tirón turístico rexistraron mellores datos (a maior caída do desemprego foi na da Coruña, cun 2,35%), mentres que na de Ourense mesmo medrou o número de persoas paradas, con 49 máis anotadas no SEPE.
Aínda que o descenso do paro beneficiou lixeiramente máis ás mulleres (un 1,96%) que aos homes (un 1,53%), o 58% das persoas paradas continúan a ser mulleres.
Poboación parada por sexo.
|
|
|
Evolución |
|
|
2022 |
2022 |
Mensual |
|
Sexo |
Marzo |
Abril |
Absoluta |
% |
Homes |
64.236 |
63.251 |
-985 |
-1,53 |
Mulleres |
89.100 |
87.351 |
-1749 |
-1,96 |
|
153.336 |
150.602 |
-2734 |
-1,78 |
Fonte: SEPE.
En consonancia con esta evolución, a afiliación á Seguridade Social tamén aumentou, neste caso un 0,54%, con 5540 persoas afiliadas máis. O maior medre produciuse na provincia da Coruña, que tamén rexistrou un maior descenso do paro.
Paco Sío, secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG considera que os datos non son para nada positivos a pesar da euforia que está a amosar o Goberno español e o Ministerio de Traballo, xa que o emprego creado é case exclusivamente estacional ligado aos servizos, mentres que sectores como o primario ou a construción rexistraron descensos do paro testemuñais e na industria mesmo medou o desemprego.
Poboación parada por sectores.
|
|
|
Evolución |
|
Sectores |
2022 |
2022 |
Mensual |
|
|
Marzo |
Abril |
Absoluta |
% |
Sector primario |
5540 |
5481 |
-59 |
-1,06 |
Industria |
16.459 |
16.501 |
42 |
0,26 |
Construción |
10.825 |
10.754 |
-71 |
-0,66 |
Servizos |
108.357 |
105.752 |
-2605 |
-2,40 |
Sen emprego anterior |
12.155 |
12.114 |
-41 |
-0,34 |
|
153.336 |
150.602 |
-2734 |
-1,78 |
Fonte: SEPE.
En canto aos efectos da nova reforma laboral, Sío fai fincapé en que xa se están a deixar ver no mundo do traballo “dun xeito preocupante” e lembra que a CIG leva meses denunciando que se ía instalar unha nova precariedade: a contratación temporal está a ser substituída pola parcialidade do emprego. Até o punto de que este tipo de contratos (os das persoas indefinidas que non traballan a xornada completa), así como os fixos descontinuos, representan xa o 60% dos contratos indefinidos que se rexistran.
A precariedade por contratación temporal está a ser substituída pola vinculada á parcialidade do emprego
“Isto significa que as persoas que van a ter ingresos inferiores ao SMI, que en Galiza é un número moi elevado, atinxindo a 4 de cada 10, van aumentar aínda máis ao dispararse a contratación a tempo parcial, porque non van traballar toda a xornada ou todo o mes”.
De feito, no conxunto do Estado a contratación fixa descontinua, que substitúe os contratos por obra e servizo, incrementouse un 200%. Se a este tipo de contratación se lle suma a de tempo parcial atopámonos con que son xa 6 de cada 10 dos contratos indefinidos que se asinan.
“Nun país no que se fan milleiros de horas extra sen retribuír e no que moita xente non percibe o SMI isto vai provocar un maior empobrecemento das persoas traballadoras, xa que a pesar de ter un contrato indefinido non van ingresar un salario completo”. E todo isto nun contexto no que -tal e como sinala- estase a multiplicar a carestía da vida e o IPC alcanza niveis históricos.
En definitiva, a precariedade baseada na temporalidade do emprego descende un 40% pero paralelamente medra a baseada na parcialidade, xa que o 33% dos contratos indefinidos xa son a tempo parcial. Se a isto se lle suma ao aumento da contratación por ETT, “xa que a nova reforma permite contratar traballadores/as fixos/as descontinuos/as por ETT aínda que sexa unha contradición”, atopámonos cun empeoramento xeneralizado das condicións laborais.