A IX Asemblea do sector da Autonómica elixe a Xosé Lois Díaz Fernández como novo secretario nacional
A IX Asemblea do sector de Autonómica celebrada este sábado en Compostela elixiu a Xosé Lois Díaz Fernández como novo secretario nacional por aclamación, que releva no cargo a Zeltia Burgos Tortosa. No proceso, ao que concorreu unha única candidatura de consenso a todos os órganos a renovar, tamén se escolleu a nova Executiva e Dirección nacional, así como as persoas que representarán o sector na Dirección nacional da Federación de CIG-Administración.
A nova Executiva nacional, que recibiu 94 votos a favor e un branco, queda formada por:
- Xosé Lois Díaz Fernández
- Aser Lidia Tobío Martínez
- Rebeca Quintillán Tilve
- Manuela Rodríguez Gamallo
- Olga Vilasánchez Seoane
- Geovana Trelles Alonso
- Marta Regueiro Abel
A Dirección nacional -con 95 votos a favor- está composta polas seguintes persoas:
- Zeltia Burgos Tortosa
- Berta Castaño Torrado
- Bernardina Porral Mosquera
- Rosa María Fernández Muñoz
- Alexandre Prieto Giráldez
- Manuel Gallardo Canitrot
- Mar Peteira Cabana
- Irene Sánchez Riveira
- Juan Carlos Fernández Rodríguez
- Socorro González Otero
- Marco Sotelo Acuña
- Francisco Pérez Novo
- Sandra Rebolo López
- Azucena Gavín Reigada
- Luzdivina Rebollal Juanes
Para representar o sector na Dirección nacional da CIG-Administración Pública escolleuse, con 93 votos a favor e dous en branco, a:
- Isolino Carrera Villar
- Carmen Ramallo Pérez
- Roberto Varela Gestal
- Mar Peteira Cabana
- Carlos Canal Rodríguez
- Eduardo Freire Bargados
- Nieves Somoza López
Tras ser elixido novo secretario nacional, Xosé Lois Díaz, instou a seguir coa práctica dun “sindicalismo combativo” fronte a unha Administración “que o PP utiliza como instrumento para favorecer intereses privados e perpetuar redes clientelares”; e a loitar pola defensa duns servizos públicos de calidade e contra as políticas de privatización do Goberno galego “que ten unha das súas expresións máis crueis no ámbito dos coidados”.
Así mesmo, incidiu en traballar pola reposición e a mellora dos dereitos laborais do persoal empregado público da Xunta, exixindo “a recuperación do poder adquisitivo perdido, avanzar decididamente cara ás 35 horas semanais en toda a Administración e garantir condicións laborais dignas e seguras para quen sostemos os servizos públicos”.
Nesta liña instou á defensa da negociación colectiva e da autonomía sindical fronte ao pactismo e ao entreguismo e defendeu o papel da CIG "que, como sindicato maioritario no sector da autonómica, foi é e será o garante dos dereitos de traballadoras e traballadores do país".
Durante o proceso tamén se aprobou o informe de Xestión, defendido pola anterior secretaria nacional, Zeltia Burgos, no que se fai un repaso da acción sindical desenvolvida nos últimos catro anos, caracterizados “pola continuidade das políticas de recorte, privatización e externalización impulsadas pola Xunta do PP” e a degradación do dereito de negociación colectiva “substituída progresivamente por pactos previos pechados con determinadas organizacións sindicais”.
Este contexto derivou nunha intensa mobilización nos diversos ámbitos da administración autonómica, “fundamental para acadar melloras” nas condicións de traballo, que se combinou coa atención individual nos centros e nos locais coas asembleas, coa negociación e coa defensa xurídica dos dereitos do persoal empregado público.