III Encontro Nacional de Traballadores/as de Seaga en lembranza de Xulio e Rodrigo
A CIG-Servizos organiza o III Encontro Nacional de Traballadores e Traballadoras de Seaga en lembranza de Xulio Martínez e Rodrigo Amo, os dous compañeiros brigadistas que pereceron nun lume forestal en Fornelos de Montes en 2010.
O acto consistirá, como en encontros anteriores, nun roteiro, que sairá ás 10:30 horas, pola senda da Fraga de Barragán para rematar, contra as 13:00 nas Eiras, ao pé do encoro do mesmo nome.
As 13:30 as compañeiras/os da federación de Servizos e de Seaga farán o acto de homenaxe en memoria dos dous traballadores, Xulio e Rodrigo, a carón da placa colocada na praza do Concello de Fornelos de Montes, para concluír cun xantar popular nas Eiras.