24-N xornada de loita no ensino contra a LOMCE

Nacional - 23 Nov 2016

Este xoves 24 de novembro terá lugar unha xornada de loita contra LOMCE e reválidas na que estudantes, colectivos de pais e nais e profesorado se mobilizarán en vilas e cidades galegas para a retirada definitiva da reforma impulsada polo PP, á que acusan de "elitizadora, privatizadora e españolizadora".

Á mañá, diferentes concentracións e manifestacións estudantís convocadas por Erguer sulcarán a nosa xeografía a partir das 12 horas, para dar lugar no serán ás protestas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG.

> Consulta aquí os horarios das protestas do 24-N contra a LOMCE.