
Galiza leva a súa solidariedade a Palestina cunha columna propia na “Marcha a Gaza”

A Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina anunciou hoxe o seu apoio á Marcha a Gaza xunto cos representantes do activismo galego que participan nesta coalición internacional. Un movemento que conta coa colaboración de sindicatos, movementos de solidariedade e organizacións de dereitos humanos de 37 países.
Esta marcha ten un propósito humanitario con tres obxectivos. Por unha banda, denunciar o bloqueo inhumano imposto a Gaza e exixir o levantamento inmediato das restricións á axuda humanitaria na fronteira de Rafah. Por outra parte, pretenden visibilizar os milleiros de camións (máis de 3000) que permanecen bloqueados na fronteira por parte de Israel, cargados de subministros esenciais: principalmente alimentos, material sanitario e medicinas, mentres a poboación de Gaza sofre fame forzada. Lembramos que a entrada de axuda está bloqueada desde o 2 de marzo.
Os integrantes da Columna Galega na Marcha Xan Lopes e Inácio Martínez explicaron en que vai consistir a súa acción e salientaron que da Galiza están anotadas neste momento 12 persoas e sairán para O Cairo o día 11. Desde alí, está previsto saír o día 12 en autocarro até a localidade de El Airish e marchar a pé até o paso de Rafah, ás portas de Gaza.
Esta acción é unha coordinación de accións que ten previsto confluír con outras iniciativas entre as que está a Coalición da Flotilla da Liberdade. En total está previsto reunir un número de entre 2000 e 3000 persoas para tentar romper o bloqueo a Gaza.
Á rolda de prensa asistiron representantes das organizacións que fan parte da Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina para facer público o seu apoio a esta mobilización global e á participación de activistas galegas na mesma.
Demanda de protección do goberno da Xunta
Desde a Coordenadora galega exixen ao goberno da Xunta de Galicia que vele pola seguridade das persoas que participan nesta marcha pacífica, que tentarán informar a diario do seu estado e avance das acción.
En apoio ás marchas a pé desde Exipto do 12 ao 17 de Xuño, convócanse concentracións en 36 vilas e cidades galegas o luns 16 para mostrar a solidariedade galega con esta acción e denunciar máis unha vez o crime contra a humanidade que se perpetra diante dos ollos do mundo.
Desde a Coordenadora galega exixen ao goberno da Xunta de Galicia que vele pola seguridade das persoas que participan nesta marcha pacífica, as persoas integrantes na Marcha tentarán informar a diario do seu estado e avance das accións e e informan que esta é unha misión que non está libre de riscos. Todas as persoas participantes asinaron unha Carta ética de respeito, cortesía e compromiso con esta misión humanitaria.