Galiza con Catalunya convoca concentracións esta tarde contra a represión ao pobo catalán
Baixo o lema "Democracia e liberdade" a Plataforma Galiza con Catalunya ten convocadas para esta tarde concentracións nas sete cidades galegas e en Burela en rexeitamento á vaga represiva que o Estado español está a exercer contra o pobo catalán, as súas institucións e as/os súas/seus lexítimos representantes.
A CIG, como integrante da Plataforma, fai un chamado á participar nestas mobilizacións en solidariedade co pobo catalán e para exixir a liberación das presas e presos políticos.
Lugares das concentracións
- A Coruña, ás 20h na Subdelegación do Goberno
- Vigo, ás 20h na Farola de Urzáiz
- Ferrol, ás 20h na Praza Amada García
- Ourense, ás 20h na Subdelegación do Goberno
- Pontevedra, ás 20h na Praza da Peregrina
- Lugo, ás 20h na Praza Maior
- Santiago de Compostela, ás 20h na Praza do Toural
- Burela, ás 20:30h na Praza da Mariña
- Redondela, ás 20:30h na Praza do Concello
-Monforte, ás 20 na Praza de España