Francia: Entrevista a Mathilde Guergoat-Larivière: “As desigualdades entre homes e mulleres na xubilación seguen a ser enormes"

Catherine Abou el Khair - 13 Mar 2023

Case o 80% dos traballadores a tempo parcial son mulleres. Esta forma de emprego, relativamente desenvolvida en Francia, segue indo a máis. Pódese explicar tanto polas consecuencias da maternidade como polo peso de determinadas sectores, como a limpeza ou os servizos a domicilio, que empregan masivamente mulleres

- En que a reforma das pensións carga sobre as mulleres a maioría dos recortes?

 Para a xeración nada en 1972, as duracións traballadas aumentarán nove meses para as mulleres fronte a cinco meses máis para os homes. Ao pasar a idade de xubilación aos 64 anos, as nais perden parte ou mesmo a totalidade do beneficio do aumento do período de aseguramento vinculado aos nacementos e a educación dos fillos.

 Grazas a estes trimestres adicionais, en particular, un terzo das mulleres xusto se xubila aos 62 anos, sen achegar necesariamente todos os seus trimestres. Debido á mellora da súa taxa de actividade, as mulleres nadas a partir de 1975 poderían mesmo xubilarse antes que os homes.

 A reforma vén frear esta dinámica. É demasiado cedo para analizar en detalle este sistema favorábel ás mulleres, mentres que as desigualdades de xénero na xubilación seguen sendo masivas. Lembremos que as pensións de base das mulleres seguen sendo un 40% inferiores ás dos homes [as pensións de base son as proporcionadas pola seguridade social pública, ás que se engaden as complementarias, que en Francia abranguen o conxunto de todos/as o e os traballadores/as].

 En canto ás medidas correctivas propostas polo goberno, apenas concirnen ás mulleres. A integración dos trimestres do permiso parental no dispositivo das longas carreiras [laborais e de cotización] só debería afectar a 2.000 mulleres ao ano. Tamén sabemos que mobilizan menos a súa conta de penosidade para anticipar a súa partida, xa que os criterios están deseñados para as profesións masculinas.

- A primeira ministra Elisabeth Borne deu a entender que os aumentos por fillos/as xa non sempre eran necesarios, co argumento de que “hoxe as mulleres poden ter un fillo e continuar coa súa vida profesional”. Agregou que “a loita das mulleres é a de non se xubilar antes que os homes”. Está ben fundamentado o argumento?

 Son máis numerosas en alcanzar esta cancelación da minoración da idade de xubilación en situacións precarias, é dicir, sen validar máis trimestres de traballo ou do seu seguro de desemprego. A interrupción da actividade profesional por motivos familiares segue sendo prerrogativa da muller.

 Proba diso é o uso da licenza parental, case exclusivamente feminina. Unha reforma de 2015 destinada a compartir mellor cos pais, pero non funcionou. Pero ao final da licenza parental, aínda que a maioría das nais regresan ao emprego algunhas pasan á inactividade.

 Dentro do fogar, aínda que diminuíu o tempo dedicado polas mulleres ás tarefas domésticas e parentais, segue sendo superior ao dos homes. Tamén hai que relativizar a mellora da situación da muller no mercado de traballo.

 Desde as xeracións nadas en 1970, as taxas de actividade e de emprego femininos non aumentaron. No plano profesional, o tema das vidas laborais cortadas ou interrompidas está lonxe de se resolver. Polo de agora, sábese que o 20% das mulleres espera até os 67 anos para se xubilar, fronte ao 10% dos homes.

- Tamén subliña o punto cego do traballo a tempo parcial...

 Case o 80% dos traballadores a tempo parcial son mulleres. Esta forma de emprego, relativamente desenvolvida en Francia, segue indo a máis. Pódese explicar tanto polas consecuencias da maternidade como polo peso de determinadas sectores, como a limpeza ou os servizos a domicilio, que empregan masivamente mulleres.

 Se o tempo parcial lles permite validar trimestres de cotización, aínda pesa sobre o seu nivel de pensión. Isto explica por que máis mulleres están realmente preocupadas polo aumento no mínimo contributivo, previsto pola reforma. Mais, cando o Goberno afirma que a medida lles beneficia especialmente, esaxera: as pensións das mulleres só aumentarían 38 euros ao mes de media e non 100 euros.

- A emenda dos senadores republicanos abrindo unha recarga do 5% ás nais que validan unha vida laboral completa aos 63 anos mellorará as cousas?

 Esta é unha lixeira mellora en comparanza co proxecto inicial, pero segue sendo un retroceso en comparanza coa situación actual. Hoxe, as mulleres que xa teñen unha vida laboral completa aos 62 anos e que traballan até os 64 anos benefícianse dunha porcentaxe adicional do 10%. A proposta do partido Les Républicains leva, no mesmo caso, a reducir esta porcentaxe adicional ao 5%, sen deixar a opción ás nais de se xubilaren antes.

- O sistema universal de pensións previsto durante o quinquenio anterior era máis favorábel para as mulleres?

 O certo é que non. O proxecto era entón substituír o aumento dos trimestres de aseguramento por aumentos de pensión, prevendo unha bonificación do 5% por fillo. Pero ao repartilo entre os dous proxenitores, corríase o risco de destinar a metade aos homes para maximizar a bonificación no caso de que el percibise un mellor salario. Ademais, aquí novamente, a reforma foi pensada sobre a base de traxectorias tipicamente masculinas de vidas laborais completas e non interrompidas.

- Que se debe facer para reducir as desigualdades?

 As pensións das mulleres son un espello das desigualdades acumuladas ao longo da súa vida profesional, debido ás súas vidas laborais, cortadas ou interrompidas, ao traballo a tempo parcial, ou mesmo ao teito de cristal que frea a súa progresión salarial. Isto implica implementar políticas moito máis proactivas para lograr a igualdade profesional.

 Necesitamos avanzar en temas de coidado das e os fillos/as, pero tamén compartir mellor a paternidade despois do nacemento. Isto require un permiso parental máis atractivo para os homes ou a ampliación do permiso de paternidade. Aínda que Francia aumentou recentemente a duración de 14 a 28 días, está a quedar atrás se o comparamos con lugares como o Estado español ou Finlandia.

 

[Entrevista tirada do sitio web Viento Sur, do 9 de marzo de 2023]