O cadro de persoal de Cespa, concesionaria do servizo de recollida do lixo e limpeza viaria e de dependencias municipais de Pontevedra, formalizou hoxe a convocatoria de folga indefinida a partir das 22.30 horas do vindeiro domingo 25 de decembro.
A decisión foi adoptada tras o desacordo nas negociacións do convenio colectivo, xa que a empresa pretende que os traballadores/as renuncien a reclamar a antigüidade derivada dos contratos eventuais. Ao paro convocado conxuntamente polos sindicatos que integran o comité (CIG, CCOO, UGT e USO) están chamados un total de 125 empregados/as.
>>>Máis información sobre o conflito
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.