Informe da Conferencia Internacional “Dereitos sociais e laborais en tempos de austeridade e desregularización: Fortalecer e conectar as loitas en Europa”
Con 198 persoas inscritas, desenvolveuse os días 25 e 25 de novembro, en Bruxelas, a Conferencia Internacional “Dereitos sociais e laborais en tempos de austeridade e desregulación: Fortalecer e conectar as loitas en Europa”, organizada por Alter Summit. Publicamos aquí o Informe elaborado polo Responsábel de Relacións Internacionais da CIG, Xosé L. Rivera Jácome.
Día 25 de novembro:
1º) Plenario de introducción:
- Introducción e Declaración por ALTER SUMMIT. Intervención de Verveine Angeli.
- Xustificación da necesidade dunha nova Europa. Intervención de Klaus Pickhaus:
Lidera un movemento en Alemania creado no ano 2012. Plantexou a necesidade de reformar e reformular unha nova Europa. As vindeiras eleccións en Alemania, Autria e Francia, poden significar un cambio importante no panorama político da UE, e non precisamente pola esquerda, senón pola ultradereita que defende modelos populistas e con discursos contrarios á UE. Reitera a necesidade de manter a loita contra as políticas de austeridade e fomentar as políticas sociais. Tamén fala do déficit democrático das institucións da UE e da urxencia en crear un movemento amplo unitario e con capacidade de acción (como se fixo co CETA e o TTIP) contra esta dinámica.
- A evolución socioeconómica da UE. Intervención de Jeal-Christophe Defraigne, da Universidade de Saint-Louis, en Francia.
Cre que o excepticismo diante deste mercado común da UE provocou un avance da dereita. A pesar do aumento da productividade, os salarios baixan progresivamente. Segundo el, o TTIP ou o CETA non son moi diferentes a outros tratados comerciais xa existentes na UE, e o problema vai máis alá das grandes transnacionais (pon o exemplo de Turquía).
- A Unión Europea Contra Europa. Intervención de Daniel Albarracín, asesor político de Podemos no Parlamento Europeo.
Son os Tratados de Libre Comercio os que constitucionalizan á Unión Europea? Fala de reflexións de carácter estratéxico. Que é o que unifica? O adversario,...As propostas en común,....As estratexias....Hai que identificar as debilidades da estructura desta UE, que xa está en descomposición (Grecia, Gran Bretaña,...). Fai un diagnóstico desde as dúas partes:
.- As élites: Marcadas polo entorno das 5 Presidencias (visións federalistas), o papel de bloqueo que xoga Alemania, e a extrema dereita emerxendo. Unha situación de rearme, polo papel que xoga USA.
.- As clases populares: Que diante desta situación, poden optar por tres alternativas: 1. Reformar esta UE, Unha saída racional, que debera optar por mecanismos de redistribución, máis gobernos no Consello Europeo. Europa non se diseñou para isto e, polo tanto, está blindada contra esta alternativa. 2. Sair da UE e o Euro, e voltar á estructura de Estado-Nación, recuperando a soberanía económica e popular, voltando a acordos bilaterais. O euro forma parte do problema, mais en países sen euro tamén se aplican políticas neoliberais sen problema. 3. Aplicar unha estratexia de desobediencia “internacionalista” (el opta por esta última), xa que a UE non é reformable en profundidade. Pódese combinar a desobediancia á austeridade coa reforma de medidas concretas. Fala de “flexibilidade” e dun reforzo mutuo entre organizacións nacionais e internacionais (Suxeito Internacional Popular), para intervir nunha coxuntura complicada que tamén ten debilidades nalgúns dos seus eslabóns: Débeda pública, políticas de austeridade, crise enerxética, a probable crise bancaria que se vai dar,...; insiste na desobediencia, a auditoría da débeda cidadá, o control dos movementos de capital, os acordos entre países, unha reforma laboral e fiscal, e o impulso dunha moeda dixital (propostas recollidas no Plan B).
- Ábrese un turno de palabras e preguntas que derivan nun amplo debate sobre as exposicións feitas e os temas tratados.
- Reunións e debates nos catro obradoiros do programa (en sesións de mañá e tarde):
1º) As loitas contra o Cambio climático e a austeridade. A transición ecolóxica será o cambio que nos unirá.
2º) Resistencia 2.0 ou cando a tecnoloxía transforme a producción e a economía. Organizarse para respostar á nova realidade do traballo.
3º) Defender e promover os bens comúns e os servizos públicos para todos e todas. (A CIG participou na organización deste obradoiro).
Comezou con varias ponencias:
.- Servizos públicos, bens comúns e innovación social, a cargo de Francine Mestrum, de Global Social Justice.
.-Identificación de estratexias políticas de privatización/marketing/comercialización.
.- Libre Comercio e impacto en bens e servizos públicos (TISA), a cargo de Pablo Sánchez, de EPSU.
.- Acceso a vivendas asequibles e de calidade e a servizos de saúde pública, a cargo de Sian Jones, coordenador de políticas de EAPN.
Debateuse sobre que servizos se consideran fundamentais e que, polo tanto, deben ser prestados con xestión pública, a necesaria democratización destes servizos, a preocupante privatización dos mesmos, os perigos no futuro con tratados como o TISA, e as estratexias que debemos levar a cabo para loitar contra este proceso actual de deterioro dos mesmos.
Exposicións de experiencias concretas (éxitos, dificultades e atrancos):
.- Día europeoo de acción contra a comercialización de servizos sanitarios (7 de abril). Ponente, Yves Hellendorf, da CNE de Bélxica.
.- Movementos en Educación. Ponentes, Ana Paula Canotilho da CGTP de Portugal e Marina Boscaino, de LIP de Italia.
.- A campaña da Auga. Ponente, Renato Di Nicola, de Forum Acqua, IT.
.- Privatización dos servizos sociais. Ponente, Belén Lendoiro Esmorís, Tenente de Alcalde do Concello de Carballo.
.- Coalición Europea de acción para o dereito a unha vivenda digna e na cidade. Ponente, Toñi Vázquez, da Plataforma de Afectados pola Hipoteca de España.
4º) Cara á converxencia das loitas. Construír pontes pola unidade.
5º) Traballo sindical e acollemento de refuxiados/as e migrantes.
- Posta en común das primeiras conclusións.
Día 26:
- Continuación dos debates nos obradoiros. Resume de propostas.
- Intervención de Ricardo Petrella sobre a situación en Europa e a loita capital-traballo. (capital-vida, segundo el define neste intre). O capital apropiouse de servizos fundamentais para as nosas vidas, tendo un control absoluto sobre as mesmas. Nisto xogou un papel fundamental a tecnoloxía. Debemos loitar por unha recuperación económica dos bens naturais e públicos, e por recuperar tamén o control sobre o coñecemento e a tecnoloxía. A acción inmediata está no sistema financieiro, que é o menos consistente dos coñecidos. O 30% das transaccións son electrónicas e feitas en décimas de segundo (isto é unha fraxilidade). Temos que recuperar ese control e loitar contra un sistema financieiro que pon o diñeiro por riba das persoas, para as que se modifica ata a linguaxe, falándolles do seu posible “acceso” (a certos servizos), en vez de falarlle dos seus dereitos.
- Plenario de posta en común e conclusións:
- Elaborouse un manifesto final (adxúntase), que resume as conclusións da Conferencia e dos diferentes obradoiros, ademais de tomar algúns acordos de cara ao futuro.
- Difusión das conclusións e propostas: páxinas web, medios de comunicación, institucións, etc.
- Organizar xornadas conxuntas de loita (propóñense varias datas, que se concretarán).
- Creación de grupos de traballo que prepararán os materiais e programarán as accións a levar a cabo.
- Clausura e remate da Conferencia.
DECLARACIÓN FINAL
«Rights4All Now»
Europa... Somos nós! O noso programa para reconquistar os nosos dereitos
«Hai que comezar sempre soñando»
Fidel Castro, 1926-2016
Con motivo da celebración do Alter Summit, máis de 150 homes e mulleres de diferentes ámbitos provenientes de máis de 15 países, entre eles a representación da CIG, reuníronse en Bruxelas os días 25 e 26 de novembro. Entre outras cuestións avaliouse a diversidade das loitas en canto aos seus niveis, formas e seus protagonistas, mais tamén as discrepancias, elementos todos eles que foron valorados como enriquecedores. Apuntouse o obxectivo de traballar para converxer e aprobouse a Declaración “Rights4All Now”.
Valorouse que estes debates non teñen senso se non hai continuidade, polo que, se avanzou nun programa de traballo, de debates e de encontros que se detallan de seguido:
1. En primeiro lugar, proclamouse que Europa somos nós, non o son nin a UE, nin as multinacionais, nin o 1% que tomou o control sobre as nosas vidas. “A Europa que queremos construirase desde abaixo, a través da loita, das mulleres, dos/as migrantes con ou sen papeis, dos/as traballadores/as, dos/as desempregados/as, dos/as labregos/as, dos/as xoves, construirase a través de todas aquelas e aqueles que rexeitan esta sociedade de dominación”.
2. Proclamouse que os nosos dereitos fundamentais e sociais non poden ser cuestionados por ningún tratado e, pola contra, desobedeceremos aos mesmos.
3. Levamos as nosas loitas a todas partes: a empresas, ás rúas e barrios, aos territorios... Expresamos en voz alta as nosas prioridades políticas de xeito autónomo con respecto aos partidos políticos. Segundo as nosas proposicións e reivindicacións concretas, animamos a todos os MPE ou grupos políticos a apoiar as nosas posicións.
4. Debemos enfrontarnos a varios desafíos:
A austeridade en Europa está provocando crises múltiples (clima, desemprego, precariedade).
A Unión Europea rexeita a entrada de migrantes e refuxiad@s, alza muros que levan á morte de miles de persoas no Mediterráneo e asina acordos infames para deportacións masivas, en lugar de garantir a liberdade de circulación e asentamento para tod@s.
A Unión Europea militarízase aínda máis.
A extrema dereita non só está en alza, senón que tomou o poder en varios países.
Ante esta situación, temos unha responsabilidade: construír unha mensaxe popular manifestamente oposta á globalización capitalista (bancos, multinacionais, UE) e que teña unha base democrática, internacionalista, antirracista, antifascista, feminista, ecoloxista e pacifista. Comprometémonos coa igualdade, as liberdades civís, o dereito á negociación colectiva e a acción sindical (contra a represión de sindicalistas e militantes). A primeira etapa consiste en formular ben esta mensaxe, a segunda será a de construír unha grande campaña que nos reúna.
5. No corazón desta mensaxe atópase a afirmación dos DEREITOS SOCIAIS PARA TOD@S (universalidade de dereitos):
- Emprego, ingresos, vivenda, protección social, saúde, ensino...
- Para toda persoa que viva ou traballe en Europa.
- Pero tamén máis aló, para todos os pobos do Mundo (contra o neocolonialismo, o imperialismo e o militarismo: Europa non é o centro do Mundo).
Demandas
1. En segundo lugar, tras esta mensaxe, debemos formular reivindicacións precisas e comúns: redución da xornada de traballo, salario mínimo, loita contra a privatización, loita contra o dumpin social, igualdade de trato entre nacionais e migrantes, ensino e saúde públicas fóra dos mecanismos de mercado.
Debemos darnos tempo para definir xunt@s as nosas prioridades neste ámbito e buscar converxencias con outras redes e organizacións.
2. As campañas anti TTIP, TISA, CETA e o movemento contra o cambio climático son unha base de grande coalición popular e unitaria; hai que afondar e prolongar a mensaxe política.
3. Publicaremos e debateremos os informes dos grupos de traballo. Nesta fase vemos que se decide traballar para dar continuación aos grupos de traballo que prepararon a conferencia:
a. Transición ecolóxica:
- Defender unha transición xusta e democrática VS transición do ecocapitalismo e rexeitamento da privatización da enerxía, dos transportes, etc.
- Construír un «safe space» común de intercambio entre o mundo sindical e as asociacións/activistas (encontro en torno á COP23, novembro 2017)
b. Resistencia 2.0 :
- Desmantelamento do discurso neoliberal
- Elaboración de reivindicacións/sitúes sobre as modificacións do traballo e para incitar á resistencia (novo encontro no marco das mobilizaciones do G20)
- Promover un sindicalismo para «tod@s @s traballadores/as»
c. Bens comúns e servizos públicos:
- Profundar no debate relativo aos bens comúns/servizos públicos
- Defender e reforzar/democratizar os servizos públicos (saúde, enerxía, transporte...) contra a financiarización e a privatización.
- Identificar os ataques dos nosos gobernos contra os servizos públicos;
d. Unidade:
- Propoñer unha ampla campaña «Rights4All»
- Publicar un directorio dos máis ricos e das diversas loitas que van xa encamiñadas cara a R4A (multiplicidade de obxectivos, de formas de loitas, etc. E que poden ser reforzadas);
4. Migrantes e sindicatos
- Importancia de unir traballo sindical e movementos de respecto dos dereitos dos/as migrantes.
Novo encontro en febreiro con máis actores europeos
Calendario
.- Publicaremos os informes de aquí a finais de decembro
.- Convocarase unha asemblea de traballo de Alter Summit en febreiro ou marzo de 2017
.- Aproveitaremos para avanzar varias datas de mobilizacións
- 18 de decembro de 2016: Día internacional do Migrante
- 13-14 de xaneiro de 2017: cume Françafrique en Bamako
- 8 de marzo: Día Internacional da Muller
- 18 de marzo: accións contra o acordo UE-Turquía
- 21 de marzo: Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
- 3 de abril: Data global de paraísos fiscais (cf decisión do FSM de Montreal)
- 7 de abril: Xornada Europea de Acción contra a Comercialización da Saúde
- 1 de maio
- 23 de xuño: Xornada en Defensa dos Servizos Públicos
- 5-8 de xullo: reunión do G20 en Hamburgo: contracumio, accións, manifestación
Todas estas datas son importantes. O traballo dos grupos permitirá definir as prioridades.
A asemblea apoia, ademais, unha moción de solidariedade co pobo grego na súa loita pola posta en marcha de convenios colectivos de traballo.