Encontro con Nicolás Augusto Hernández Guillén: Memoria e cultura revolucionarias en Cuba
O próximo mércores, 10 de maio, haberá un encontro con, neto de Nicolás Guillén, e presidente da Fundación que leva o nome do escritor cubano. O acto está organizado pola CIG, Mar de Lumes e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e terá lugar ás 19:30h na sede desta última entidade, situada na rúa Santo André, 36, 1º andar.
No ano 2021 o Ministerio de Cultura de Cuba outorgoulle a Nicolás Augusto Hernández Guillén a Distinción pola Cultura Nacional atendendo á súa destacada contribución na promoción e enriquecemento do desenvolvemento cultural do país, ademais de polo estudo e divulgación da obra literaria e do ideario político e social do poeta nacional, Nicolás Guillén, a través da fundación que preside.
Nesta palestra falaranos do papel central da cultura en Cuba, do seu avó e das súas ligazóns co estado español na Guerra Civil ademais de referirse tamén á situación actual en Cuba desde o punto de vista cultural e político.