Ecuador 1 - Fin de ciclo 0
Ecuador dixo non á fin de ciclo. Optou pola continuidade da Revolución Cidadá como proxecto político para cambiar o país a favor da súa xente. Así que, Lenín Presidente
Desculpen o baile de números. Son 25 eleccións presidenciais nos últimos 15 anos en 7 países (Venezuela, Bolivia, Uruguai, Nicaragua, Arxentina, Brasil e Ecuador), e só unha vez, unha única vez, a oposición neoliberal gañou nas urnas. 1 de 25; 4% é a porcentaxe alcanzada pola restauración conservadora cando se trata de elixir nas urnas o novo presidente nun país gobernado por un proxecto progresista. Logrouno Macri en Arxentina no 2015. A única excepción que confirma a regra. O de Brasil non conta porque foi a través dun golpe de Estado parlamentario. E no resto de ocasións, Capriles, Doria Medina, Aécio Neves, Lacalle Pou -e así unha listaxe interminábel de nomes- non lograron obter os votos suficientes para ser electos Presidente. O último desta serie foi o Guillermo Lasso en Ecuador como novo capítulo nesta longa lista de derrotados. De feito, este banqueiro xa sabía o que era perder contra a Revolución Cidadá (en 2013).
Ecuador decántanse nuevamente por unha opción non neoliberal. Lenín Moreno, representante do Alianza PAIS, foi o gañador nesta segunda volta cun 51,04% dos votos válidos. Esta vez sacoulle 2 puntos ao seu contrincante; e na primeira volta foron 11 puntos. Unha vez máis, os expoñentes da Restauración Conservadora volven perder nas urnas fronte a unha proposta progresista.
A fin de ciclo morreu en América Latina. Do mesmo xeito que o fixeron os portavoces da dereita, e outros tantos que tiraron a toalla ante a mínima dificultade, agora deberíase afirmar, co resultado na man, que nunca máis houbo fin de ciclo. Ecuador calou a boca a todos aqueles que creron que o desgaste, os erros e as mesmas contradicións no interior dos procesos de cambio se traducirían inmediatamente no solpor dunha época. Non. De ningún xeito existen vasos comunicantes tan directos entre o un e o outro. Ninguén pode dubidar de que estamos nunha nova etapa na que os gobernos progresistas deben reconducir os proxectos, sorteando novos obstáculos procedentes dunha severísima restrición económica mundial. Non son tempos para pospoñer a necesidade de identificar cales son as novas demandas das maiorías para volver a sintonizar con elas mirando máis cara ao futuro en lugar de continuar recordando excesivamente todo o logrado no pasado. Estes e outros tantos dilemas de épocas son froito das transformacións políticas, económicas, culturais e sociais que se produciron nun tempo histórico moi reducido. Porén, isto non significa que o ciclo progresista en América Latina morra.
A vitoria de Macri en Arxentina, a derrota nas lexislativas en Venezuela e o Non no referendo en Bolivia provocaron unha enxurrada de sentenzas apresuradas sobre a fin de ciclo. O que debía ser interpretado como unha focha, cun alto grao de incerteza cara ao que podería vir no futuro, foi rapidamente considerado como un punto final concluínte. Estes atrancos conxunturais foron concibidos como crepúsculo dunha época sen máis criterio que o desexo de que se cumprise unha profecía autocumprida. Pois en Ecuador demostrouse o contrario.
Cun contexto económico adverso, cun candidato que debía suceder a un líder histórico como o é Rafael Correa, con todos os expertos en campaña sucia aterrados no país, con dez anos ao lombo que impiden presentarse electoralmente como o novo, con todo iso en contra, Ecuador dixo non á fin de ciclo. Optou pola continuidade da Revolución Cidadá como proxecto político para cambiar o país a favor da súa xente. Así que, Lenín Presidente. A Historia, sempre tan caprichosa.
[Artigo tirado do sitio web Alainet, do 2 de abril de 2017]