Dinahosting despide a un candidato da CIG ás eleccións sindicais
A empresa compostelana Dinahosting vén de executar un despedimento disciplinario a un candidato da CIG nas vindeiras eleccións sindicais, a celebrar este ano.
O compañeiro despedido estivera especialmente significado na recente loita que os traballadores e traballadoras desenvolveran para recuperar o convenio colectivo, que a empresa decidira deixar decaer de xeito unilateral.
A través dunha carta de despido que o comité cualifica de “surrealista e falsa” nas súas conclusións, Dinahosting bota á rúa a un candidato da próxima lista da CIG, pois este dera accedera a entrar na candidatura esta semana pasada e as e os delegados da central nacionalista ratificaran en reunión a súa inclusión esta mesma mañá.
O comité de empresa, composto na súa totalidade por membros da central nacionalista, anuncia unha serie de mobilizacións para exixir a readmisión do compañeiro, culminando cunha folga este vindeiro luns 23.