Descende o paro en decembro pero segue a aumentar a precariedade e a pobreza laboral
O leve descenso do paro rexistrado no mes de decembro en Galiza (-2,39%) non veu acompañado dunha mellora na calidade do emprego, tal e como sinalan os datos á afiliación á Seguridade Social. Volve producirse un descenso no número de persoas afiliadas, ao tempo que o colectivo de temporais a tempo parcial -con condicións máis precarias- non deixa de incrementarse.
O mes pasado pechouse no noso país con 118.838 persoas anotadas como demandantes de emprego no SEPE, 2904 menos que en novembro. De novo o descenso do desemprego vén da man do sector servizos, que concentra precisamente as actividades económicas coas condicións laborais máis precarias.
Persoas paradas segundo provincia.
|
|||||||||
|
Variación mes |
Variación ano |
|
||||||
Novembro |
Decembro |
Absoluta |
% |
Absoluta |
% |
||||
A Coruña |
47855 |
46.765 |
-1090 |
-2,28% |
-5102 |
-9,84% |
|||
Lugo |
12264 |
11.810 |
-454 |
-3,70% |
-575 |
-4,64% |
|||
Ourense |
14941 |
14.242 |
-699 |
-4,68% |
-778 |
-5,18% |
|||
Pontevedra |
46682 |
46.021 |
-661 |
-1,42% |
-4211 |
-8,38% |
|||
Total |
|
118.838 |
-2904 |
-2,39% |
-10.666 |
-8,24% |
|||
Fonte: SEPE
Trátase de empregos estacionais relacionados coa campaña de Nadal e o posterior período de rebaixas no comercio. De xeito que este comportamento do mercado laboral galego non se traduce na creación de emprego estábel e de calidade que permita unha vida digna para a clase traballadora.
Esta foi a tónica habitual do mercado laboral galego durante todo o ano, con incrementos e descensos do emprego dependendo das necesidades estacionais dun sector relacionado coa activade comercial e coa chegada de turismo.
Pola contra, os sectores industrial e primario cada vez teñen menos peso na economía galega e na creación de emprego, imposibilitando unhas mellores condicións laborais. De feito o PIB industrial galego representa o 16,2%, catro puntos por debaixo da media estatal (20,2%).
Ademais, a baixada do paro ten que ver coa perda de poboación activa derivada da emigración e da crise demográfica que atravesa Galiza. Con todo, o noso país continúa a ser unha das rexións coa taxa de paro máis alta da Unión Europea.
En canto á afiliación á Seguridade Social, esta descendeu en 769 persoas no mes de decembro en Galiza. Unha caída das afiliacións que puido ser máis elevada, pero que foi compensada polo maior número de altas que se rexistrou nos contratos temporais a tempo parcial (1856).
Afiliación por provincias.
Afiliación á Seguridade Social |
|
|
|
Novembro |
Decembro |
Absoluta |
|
A Coruña |
472010 |
471.195 |
-815 |
Lugo |
125281 |
125.196 |
-85 |
Ourense |
106664 |
106.744 |
80 |
Pontevedra |
377164 |
376.436 |
-728 |
Total |
1.081.119 |
1.079.572 |
-1547 |
Fonte: SS
Diante disto a CIG reitera a necesidade de implementar un cambio profundo na lexislación laboral e nas políticas de emprego, tanto do Goberno galego como do central. En concreto, aposta pola derrogación das sucesivas reformas laborais, incluída a de 2021 que posibilitou e potenciou a contratación fixa descontinua e a tempo parcial.
Por outra banda, a central demanda do Goberno galego un cambio nas políticas económicas “para fortalecer o sector industrial e que o peso da economía do noso país non recaia unicamente no turismo baseado no Camiño de Santiago e na destrución do rural potenciando a eucaliptización e a instalación de industrias contaminantes de enclave como Altri”, tal e como sinala o secretario de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío.