Denuncian que o Sergas usa a oferta pública de emprego para “seguir desmantelando a sanidade pública"

A CIG-Saúde pide que se convoque unha OPE para o 100% das prazas vacantes producidas desde 2009
Compostela - 18 Feb 2016
A federación de Saúde da CIG denuncia que a oferta de emprego presentada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) na mesa sectorial evidencia, máis unha vez, a amortización de postos de traballo na sanidade pública; que se segue a aplicar a taxa de reposición; e que, nalgunha categoría, a oferta de emprego é nula desde o ano 2009.

Nesta oferta de emprego convócanse 818 prazas repartidas en varias categorías. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explica que este número correspóndese coas vacantes producidas en todas categorías, no ano 2015. Fronte a isto afirma que “nós demandamos 3.000 prazas para poder cubrir, como mínimo, as amortizadas desde 2009”.

Sinala que nos anos 2010/11/12/13 só se cubriron o 10% das prazas vacantes, máis non o 10% de todas as categorías se non daquelas para as que a consellaría de Sanidade autorizou a súa cobertura. “Utilizaron este sistema para eliminar ás/aos traballadoras/es dos servizos que querían privatizar e converter a sanidade  en negocio, condenado ao persoal ao desemprego e a emigración”, denuncia a CIG-Saúde.

Segundo os cálculos feitos pola CIG-Saúde, “xa que non temos ningún mecanismo que nos permita identificar as prazas reais que desapareceron do sistema sanitario galego tras da súa amortización”, matiza Abuín, o número superaría até 2015, as 3.500 prazas amortizadas.

PRAZAS VACANTES 2011/12/13

PRAZAS VACANTES 2014/15

Total Prazas  Amortizadas

FEAS

712 prazas

FEAS

296 prazas

1.008 prazas

Enfermeiras/os

414 prazas

Enfermeiras/os

305 prazas

719 prazas

Matronas

31 prazas

Matronas

12 prazas

43 prazas

Fisioterapeutas

20 prazas

Fisioterapeutas

10 prazas

30 prazas

Técnicos. Especi

26 prazas

Técnicos. Especi

14 prazas

40 prazas

TCAEs

410 prazas

TCAEs

261 prazas

671 prazas.

Celadoras/es

181 prazas

Celadoras/es

88 prazas

269 prazas

Mantemento

120 prazas

Mantemento

35 prazas

155 prazas

Hostalaría

213 prazas

Hostalaría

121 prazas

334 prazas.

Administrativo

170

Administrativo

98 prazas

268 prazas.

TOTAL

2.297 PRAZAS

 

1.240 PRAZAS

3.527 prazas

Para a CIG-Saúde, a OPE do Sergas debería conter, ademais das prazas vacantes reais e non cubertas, todas as prazas estruturais ocupadas por persoal eventual con duración superior a un ano. O que permitiría “eliminar a precariedade laboral”.

Neste sentido, Abuín denuncia que a política de persoal que o PP vén aplicando no Sergas tradúcese en “falta de estabilidade laboral e incremento da precariedade”. Tal é así que asegura que hai persoal que está asinando contratos cada 15 días, por días soltos ou outras modalidades que define como “perversas”, para cubrir o mesmo posto. “A isto chámanche  estabilidade orzamentaria”, lamenta a secretaria nacional da CIG-Saúde.

A isto engade que con esta modalidade de contratación, “obríganlle ao persoal a facer unha xornada maior que a xornada Sergas” e que “non se lle computa a diminución de xornada en función das noites realizadas”.