Denuncian que non se está a incorporar o persoal das auxiliares aos traballos de pre desmantelamento da central das Pontes
As centrais sindicais denuncian que no se está a cumprir coa garantía de emprego das persoas traballadoras da industria auxiliar nos traballos de pre-desmantelamento da central térmica, tal e como se manifestara por parte de Endesa e se fixera público pola consellería de Economía, tras as xuntanzas mantidas na Mesa para o Impulso da Actividade Económica das Pontes.
Cómpre lembrar que ditos compromisos terían que ser cumpridos o pasado 1 de decembro, situación que se veu atrasada pola entrada da contratista Moncobra, responsábel dos traballos de pre-desmantelamento. Porén, na actualidade, a pesar da incerteza existente, preto do 35% das persoas traballadoras afectadas seguen sen ser contratadas.
Por iso, CIG, UGT e CCOO exixen a convocatoria inmediata da Mesa para o Impulso da Actividade Económica das Pontes para abordar esta situación e que se garanta a continuidade da totalidade das persoas traballadoras. E advirten que, de non ten contestación de maneira inmediata a esta petición, retomaranse as mobilizacións nas vindeiras datas.