Denuncian o desmantelamento do CGAI e o desprezo do Goberno galego do PP polo sector audiovisual
Cristina Terrón, representante da CIG, lembra que o pasado 17 de xuño o propio Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, desmentía as denuncias da CIG respecto do desmantelamento encuberto do Centro Galego de Artes da Imaxe (Filmoteca de Galiza) e aseguraba que non habería nin despedimentos, nin recortes.
Sinala que o pasado 1 de xuño, Función Pública retiraba a proposta da Comisión de Persoal, no que semellaba una medida razoable para recapacitar sobre un asunto de tal importancia. Porén denuncia que finalmente se confirmou que isto “só respondía a una medida electoral” xa que na convocatoria da Comisión de Persoal non se muda nada respecto da anterior.
Terrón advirte que con esta proposta “asistiremos ao desmantelamento do único centro audiovisual da Galiza por parte do goberno do PP. Condearase de forma irreversíbel (50% de despidos na área de proxección e 40% menos das plazas cas que contaba o centro) e progresivamente á Filmoteca de Galiza á súa desaparición como tal, recortando os servizos públicos que viña prestando e dañando o futuro dos galegos /as, incluíndo a aqueles nenos e nenas, canteira de cineastas dicían os medios de comunicación, cando saíron sorrindo da presentación das obras do ciclo “cinema en curso”, hai dúas semanas en plena campaña electoral”.
Para a representante da CIG “semella que, unha vez despexada a incógnita das eleccións, o partido do goberno comeza a aplicar sen dilación os recortes aos cidadáns, incluíndo aquelas promesas nas áreas que aseguraban días antes en todos os medios, que non se producirían”.
Por iso denuncia novamente esta situación precaria que se está a vivir no CGAI. Advirte de que “o peor está por vir, con estas novas amortizacións, que previsiblemente deixarán sen cubrir un servizo público tan básico como necesario, que ten como fin defender e velar pola defensa da cultura e do sector audiovisual galego”.