Declaración de observadores internacionais sobre o proceso de eleccións en Venezuela
A CIG, como parte da delegación de observadores internacionais no proceso de eleccións presidencias celebrado en Venezuela o pasado domingo, súmase á declaración emitida ante os intentos de cuestionar os resultados, desestabilización e violencia xerados pola extrema dereita do país.
A seguir reproducimos o contido da declaración:
Declaración de observadores internacionais sobre o proceso de eleccións en Venezuela 2024
Os e as observadoras internacionais das eleccións presidenciais da República Bolivariana de Venezuela, que representamos a 107 países do mundo, declaramos á comunidade internacional o seguinte:
- Felicitamos o pobo venezolano pola realización deste proceso democrático electoral que foi un verdadeiro exemplo de participación, civismo e transparencia.
- Recoñecemos o valioso traballo do Consello Nacional Electoral da República Bolivariana de Venezuela, que garantiu a realización de eleccións en todo o territorio venezolano a través dun mecanismo electoral cos maiores estándares de transparencia e auditabilidade que os colocan como un dos mellores do mundo.
- Recoñecemos ademais a solidez do Consello Nacional Electoral e a entrega dos resultados que despexaron o intento de vulneración do proceso a través dun ataque cibernético que tiña como fin xerar incerteza.
- Felicitamos o presidente Nicolás Maduro Moros e ao Gran Polo Patriótico por esta contundente vitoria pola paz, o futuro e a felicidade do pobo venezolano.
- Chamamos á comunidade internacional a apoiar o proceso democrático venezolano e condenar os intentos de desestabilización e violencia xerados pola extrema dereita venezolana, internacional e imperial.
Pola paz, a dignidade e a soberanía dos pobos.
Cidade de Carcas, Venezuela, o día 29 de xullo de 2024
A relación de asinantes pódese consultar no documento adxunto.