Correos terá que dotar de uniforme a todo o seu persoal eventual
A Sala do Social da Audiencia Nacional vén de ditar sentenza estimando a demanda de conflito colectivo formulada pola CIG contra a Sociedade Estatal de Correos, recoñecendo o dereito do persoal temporal a recibir as mesmas prendas de uniformidade que a empresa postal lle entrega ao persoal laboral indefinido e fixo.
A sentenza considera discriminatoria -e polo tanto nula- esta práctica de Correos que, a partir de agora, deberá entregar uniformes obrigatoriamente a todo o persoal eventual en todo o Estado español. Así o determina a sentenza da Audiencia Nacional no conflito colectivo interposto pola CIG en solitario "porque ningún outro sindicato quixo adherirse á demanda", critica o secretario da CIG-Correos, John Vivanco, quen valora que "aquelas centrais que presumen de ter a maioría sindical quedaron retratadas".
Vivanco sinala tamén que houbo que chegar a xuízo pola da negativa de Correos de pactar no acto de conciliación celebrado no SMAC de Madrid.
A CIG denunciou a discriminación estabelecida por Correos entre persoal fixo e persoal eventual ao non entregarlle uniformes a este último grupo. "Esta liña de actuación xerou un colectivo de traballares/as uniformados de xeito totalmente heteroxéneo, pois pódese atopar persoal de reparto sen ningún tipo de roupa identificativa de Correos, ou persoal ataviado con uniformes obsoletos e variados, prestados ou doados por terceiras persoas", apunta.
Agora, grazas a esta sentenza histórica gañada pola CIG, "todo o persoal eventual de Correos en todo o territorio español terá dereito a que a empresa lle dote obrigatoriamente de uniforme". Con esta resolución, destaca Vivanco, remata está situación gravosa para a persoa traballadora na que se lle usurpa o dereito de ter un material básico para o desenvolvemento do seu labor, á vez que se mellora a imaxe de marca da empresa postal.
Por outra banda, a sentenza afecta directamente a todos/as traballadores/as temporais de reparto que estaban traballando un ano cara atrás dende a data da sentenza, podendo reclamar indemnizacións polo valor da roupa non entregada, así como a entrega da propia