Coremain propón o despedimento de máis do 20% do persoal
O pasado venres comezaba o período de consultas do ERE proposto por Coremain por mor da perda do proxecto de Vodafone. A pesar de que nun primeiro momento a empresa comunicou que os despedimentos non serían os 80 inicialmente previstos, e que poderían ser preto de 30, finalmente realizou unha proposta que afecta a 89 persoas, o que supón o despedimento de máis de 1 de cada 5 traballadores e traballadoras.
A empresa fixo, ademais, unha proposta que inclúe persoal alleo ao proxecto Vodafone, alegando causas organizativas. Porén, na información fala dunha serie de datos económicas para xustificar a medida, pero sen aportar a contas da empresa.
O Comité de empresa solicitou que a empresa facilite a documentación económica que sustente a argumentación do ERE, tanto de Coremain como do Grupo de empresa, pois é público que no 2020 Coremain repartiu importantes dividendos. “É evidente que queremos coñecer se a xestión dos fondos da empresa foi responsábel pois esta comunica que as indemnizacións para os afectados será a mínima legal, algo de todo inaceptábel se temos en conta que as últimas noticias das que dispomos é que se repartiron importantes cantidades en dividendos”, explican desde a CIG.
Os delegados e delegadas informarán ao cadro de persoal sobre estes feitos para que o teñen en conta no caso de que a empresa non acceda ás propostas que se van a realizar para facer o menos traumático posíbel este ERE.
A CIG lembra que o cadro de persoal estivo realizando os seus labores con dilixencia, feito que se ten que ter en conta á hora dos seus despedimentos, despedimento que son froito dos labores realizados polos responsables da empresa.