Convocada unha xornada de folga no concesionario Mosa de Ourense polo bloqueo das negociacións do convenio
O cadro de persoal de Mosa, concesionaria de PSA Peugeot en Ourense, decidiron en asemblea convocar unha xornada de folga o vindeiro venres 29 de decembro ante o bloqueo das negociacións do convenio colectivo, que leva caducado dende o ano 2012.
O acordo foi adoptado este luns en asemblea por unha ampla maioría dos traballadores/as: 13 votos a favor e 5 en contra. Segundo explican dende a federación de Industria da CIG de Ourense, a decisión chega logo dun ano tentando que a empresa se sentara a negociar o convenio, que caducou en 2012 e que mantén os salarios conxelados dende entón.
“Valoramos moi positivamente a decisión, xa que despois de cinco anos co convenio caducado a empresa segue a darnos largas, polo que entendemos que a convocatoria do paro é unha maneira de forzar a dirección a adiantar unha reunión na que intentaremos introducir melloras no convenio”, indica o secretario comarcal da CIG-Industria de Ourense, Indalecio Gómez.