Continúan as mobilizacións en demanda dun Complexo Industrial Integrado na ría de Ferrol
CIG-Industria de Ferrol continúa mobilizándose para reclamar a constitución dun complexo industrial para a construción naval e carga de traballo para evitar a expulsión ao desemprego do persoal da industria auxiliar mentres non se comecen as fragatas. Desta volta delegados do sector concentráronse ás portas de Navantia Fene, a antiga Astano.
A CIG-Industria alerta do “incerto e preocupante” futuro que planea sobre o sector, aínda máis complicado pola situación provocada polo Covid-19 e demanda unha diversificación industrial real e carga de traballo.
Exixe ademais que se adianten os prazos das F110, mais tamén que se dean pasos para garantir a recuperación do mercado civil e a posta en valor da fábrica de turbinas “como única garantía para estabilizar o emprego e o futuro na comarca”.