O persoal de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) continúa a secundar de xeito masivo a folga convocada para reclamarlle a Ferrovial, a empresa concesionaria do servizo, que cumpra o convenio colectivo. Os paros continúan este xoves 8, o venres 9 e o luns 12 de febreiro.
As mobilizacións que se desenvolven coincidindo coa folga son cada día máis numerosas, xa que o persoal do servizo de limpeza e un bo número de delegados/as da CIG-Industria participan nas protestas.
Ao igual que na primeira xornada, os folguistas percorreron en manifestación a distancia entre a vella entrada do CHUO e a porta do novo edificio, para rematar a carón das oficinas de Ferrovial, onde repartiron panfletos informativos.
05 Feb 2026
16 Out 2024
02 Xul 2018
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.