Concentración nos Xulgados do Social da Coruña contra a represión sindical en ELECNOR
A CIG-Industria da Coruña mobilizarase o vindeiro martes, día 12 de setembro, as 10:30 horas, diante dos Xulgados do Social da Coruña (Rúa Monforte, 1) coincidindo co xuízo dun membro do Comité de Empresa de Elecnor.
A Federación de Industria da CIG denuncia a represión sindical que están a padecer os membros do Comité de Empresa por parte da dirección de Elecnor, xa que traslada a un membro do comité da Coruña a Burgos por causas productivas e organizativas, alegando que non ten carga de traballo para este compañeiro, pero si para as contratas que están a realizar o mesmo traballo que o traballador trasladado.
Diante disto, a CIG-Industria inicia unha campaña de mobilizacións, contra a represión sindical en Elecnor na Coruña e chama a participar en apoio ao compañeiro trasladado.