Concentración no centro de saúde de Noia en demanda da substitución do aparello de RX avariado
Delegados/as da CIG-Saúde de Compostela concentráronse este luns diante do centro de Saúde de Noia en demanda do inmediato arranxo do aparello de Raios X, que leva varias semanas sen funcionar obrigando aos doentes a trasladarse a Compostela, en concreto ao Hospital Provincial de Conxo, para facer as probas diagnósticas que non lles poden facer no seu centro de saúde.
Segundo denunciaron, a empresa privada contratada polo SERGAS para o mantemento preventivo e correctivo dos equipos de electro-medicina, IBERMAN S.A, foi incapaz de solucionar a importante avaría do aparello de RX, o que a obrigou a recorrer á casa comercial General Electric para tentar arranxalo. Cousa que tampouco conseguiu. Xunto a isto manifestaron a súa preocupación polo feito de que os aparellos de Raios X non entrasen no contrato de Alta Tecnoloxía do Sergas e preguntan se existe algún
Avaría grande, grave e cara
A CIG-Saúde de Compostela tivo información de que se trata dunha avaría “grande, grave e cara” nun aparello que xa ten máis de 25 anos, o que debería levar a considerar a necesidade de suplilo e non a intentar facerlle un “parcheo”. Máis sabendo que o ciclo de vida dun aparello de radioloxía é de 12 ou 15 anos e que hai prazos definidos para a súa substitución.
A CIG-Saúde de Compostela dirixiuse hai xa días ao Xerente da Área sanitaria, facéndoo responsábel desta situación. Entenden que “é inherente ao seu cargo constatar que tanto as Unidades como os Centros de Saúde funcionan axeitadamente e contan coa tecnoloxía e os medios precisos, nas condicións adecuadas, que permitan dar unha asistencia sanitaria de calidade”.
Con esta concentración as/os representantes de CIG-Saúde demandaron unha solución inmediata a este problema que afecta aos usuarios e usuarias do SERGAS da zona e un Plan Director para a renovación dos de Arzúa, A Estrada e Lalín, que teñen a mesma antigüidade que o de Noia.