Concentración diante de Aluminios Cableal para esixir a readmisión dun delegado despedido por estar de baixa
Un grupo de traballadoras/es concentráronse diante de Aluminios Cableal (Polígono do Tambre), para exixir a readmisión dun delegado da CIG despedido por baixa por IT. Segundo denuncia o secretario comarcal de Industria de Compostela, Benedicto Blanco, o traballador foi perseguido por un detective privado estando de baixa despois e a empresa alegou para xustificar o seu despedimento que colleu no colo a un neno de 11 meses durante a cabalgata de Reis.
Para Blanco é inadmisíbel este despedimento que en realidade é consecuencia das reclamacións que o delegado viña facendo á empresa para mellorar as condicións laborais do conxunto do cadro de persoal.