
Concentración contra a represión sindical en Apersa

Delegados/as da CIG-Industria concentráronse esta mañá diante das oficinas do SMAC de Ourense para rexeitar a represión sindical en Apersa. A protesta coincidiu co acto de conciliación entre a empresa e os dous traballadores despedidos, segundo a central, en represalia por participaren na folga do siderometal do pasado mes de xuño.