Comezan os plenarios comarcais para dar continuidade ao proceso social Lingua Vital

Nacional - 07 Out 2025

A partir do venres 10 de outubro comezarán os plenarios comarcais que continúan o proceso social Lingua Vital, iniciado o pasado xuño pola plataforma cidadá Queremos Galego para “conseguir avances na normalización da lingua galega” e “garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos”. 

Con estes plenarios, a Plataforma, da que a CIG fai parte, busca unha avaliación conxunta dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (nivel de cumprimento e impedimentos) e recoller todas as propostas orientadas a garantir a súa consecución.

As datas e horas iranse subindo progresivamente á ligazón https://www.queremosgalego.gal/participa-nos-plenarios-comarcais-de-queremos-galego/

Até o momento están confirmadas os seguintes plenarios:

  • A Coruña: venres 10 de outubro, 18.00 horas, AC Alexandre Bóveda.
  • Santiago de Compostela: sábado 11 de outubro, 11.00 horas, CSC das Fontiñas.
  • O Deza: mércores 15 de outubro, 20.00 horas, Casino de Lalín.
  • Ourense: mércores 15 de outubro, 20.00 horas, Liceo de Ourense.
  • O Barbanza: sábado 18 de outubro, 12.00 horas, Auditorio de Rianxo.
  • Vigo: martes 21 de outubro, 20.00 horas, CS A Nubeira.
  • Betanzos: mércores 29 de outubro, 20.00 horas, Zona Hadal.

 

O proceso social Lingua Vital recolle o malestar amosado pola sociedade galega nas multitudinarias mobilizacións de febreiro e maio de 2025 e de novembro de 2024, cando milleiros de persoas sairon á rúa para denunciar que non se están a respectar os acordos nacionais e internacionais que protexen a lingua galega, como a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996), a Carta Europea das Lingua Rexionais e Minorizadas (2001), o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004) ou a Lei Paz Andrade, xa que as medidas que indicaban non se aplican e que neste tempo se chegou a lexislar en contra deles, acelerando a tendencia negativa no uso do galego e acadando unha porcentaxe de incapacidade para falalo inédita na historia de Galiza.

O proceso continua aberto a todas as entidades que quixeren contribuír a reverter a emerxencia lingüística.