CIG-Saúde recorre ao Valedor diante do silencio da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago
A CIG-Saúde de Compostela vén de solicitar amparo ao Valedor do Pobo, ante a solicitude por parte desta organización sindical de distintas informacións á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago que non recibe resposta algunha.
Segundo explican, mañá, día 7 de marzo, cúmprense 5 meses desde a solicitude de información sobre: vinculacións coa empresa, nomeamentos, cadros de persoal de servizos hospitalarios... información que consideran “de verdadeira importancia a fin de comprobar e contrastar datos laborais”.
Desde a CIG-Saúde lembran que foron múltiples as ocasións nas que esta central sindical, pedíu os cadros de persoal, na dirección de Recursos Humanos da Xerencia, sen que até o de agora, se remitiran tal e como é a súa obriga e “se recolle na lexislación vixente, sobre as funcións e lexitimación dos/as delegados/as de persoal e de represantación dos/as traballadores/as”.
Por iso acordaron recorrer á figura do Valedor, como unha outra forma de presionar á administración e que aclare estas cuestións.