CIG-Saúde exixe á Xunta que escoite as/os profesionais de Atención Primaria e deixe de utilizalas como un instrumento electoral
Ante o anuncio que a Consellaría de Sanidade vén de facer a respecto de que retomará, o día 8 de xuño, o estudo de seroprevalencia fronte á COVID19, a CIG-Saúde solicita da Consellaría que atenda ás razóns asistenciais que está a propoñerlle o persoal da
Neste momento estanse normalizando varias das actividades da atención sanitaria e non tería sentido ocupar a enfermaría de Atención Primaria varios días con este estudo. Continuar co estudo, explica a CIG-Saúde, non vai achegar datos que melloren a resposta que se poida dar a un repunte da pandemia, pero pola contra, supón un incremento da carga de traballo, especialmente para a enfermaría, nun momento no que se está intentando recuperar a actividade ordinaria na Atención Primaria.
CIG-Saúde subliña que a prioridade ten que ser preparar a Atención Primaria para dar resposta ás necesidades asistenciais da poboación, tanto ás relacionadas coa COVID-19 como ás que non, pois o resto de doenzas e necesidades non desapareceron.
E neste senso, a CIG lémbralle ao Goberno de Feixoo que non hai mellor recoñecemento profesional do traballo desenvolto nesta pandemia da COVID19 que escoitar e aplicar as recomendacións das/os empregadas/os públicos.