CIG-Saúde exixe a aplicación dos acordos de mellora retributiva e de xornada ao persoal do 061
CIG-Saúde exixe a aplicación dos acordos de mellora retributiva e de xornada, asinados o 20 de abril de 2023, e que as medidas se apliquen integramente ao persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Por iso demanda de Sanidade que traslade á direccións do 061 a obrigatoriedade de aplicar todas as melloras contempladas nese acordo, entendendo que o persoal non pode verse discriminado na súa aplicación polo diferente modelo organizativo ou de xestión que a Consellería teña decidido para esta entidade.
Neste sentido exixe que se reúnan os órganos de representación legais do 061 para tratar do xeito de aplicar as melloras retributivas e de xornada en base ás peculiaridades da súa prestación de servizo.