CIG-Saúde denuncia constantes supresións de probas clínicas e cirúrxicas en Pontevedra e o Salnés
Así, a CIG-Saúde de Pontevedra denuncia que a semana pasada, unha sala de raios X (telemando) fóra de servizo desde o 1 de abril, era a causante da anulación de diversas probas en pacientes oncolóxicos.
Pola súa banda, no Hospital do Salnés dous esterilizadores avariados desde hai días obrigaban a suspender varias intervencións cirúrxicas. Engaden que tamén se rexistran problemas no quirófano 2, e que o TAC leva varios días fóra de servizo.
Ao tempo, no Hospital de Montecelo o quirófano 4 non está operativo por problemas da mesa cirúrxica. Incidencias que son consecuencia da falta de inversións en equipamento e dos recortes no mantemento. CIG-Saúde xa alertara no se día que a adxudicación do mantemento á empresa IBERMAN, S.A. ía traer problemas no futuro “e así está sendo”.
“Esta empresa non cumpriu o contrato, en ningún punto, desde o primeiro día e pesares diso o SERGAS non fixo nada por resolver esta situación. Agardamos que ao remate do contrato, en novembro de 2016, non se lle renove, e se rescate o mantemento electromédico por parte do SERGAS, volvendo á situación anterior”, conclúen.