CIG-Saúde denuncia a sobrecarga do persoal de enfermería de ADOS durante o verán
A Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) comprometeuse coa Consellería de Sanidade a continuar coas campañas de doazón de sangue ao 100%, pero faino a conta das súas traballadoras e traballadores.
A CIG-Saúde da Coruña denuncia que durante o período estival o persoal o organismo vese obrigado a executar as campañas coa metade dos efectivos de enfermería, e contrata persoal técnico en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) para “compensar” a ausencia de enfermeiros/as.
Pero a falta de contratación de enfermeiras/os "está a poñer en risco a capacidade de acadar o mínimo número de doazóns necesarias para garantir o funcionamento do sistema sanitario", advirte a secretaria comarcal da CIG-Saúde, María Formoso.
ADOS tampouco está a garantir que estas ausencias se poidan cubrir con procedementos de auto cobertura, "posto que non queren aboar a xornada complementaria ao mesmo prezo que no resto do SERGAS, polo que non hai persoal voluntario para dobrar a xornada".