CIG-Saúde demanda o cese inmediato do xefe de servizo de Pneumoloxía do HULA

Lugo - 19 Set 2024

A CIG-Saúde considera impropias dun servidor público as declaracións realizadas nun medios de comunicación polo xefe de servizo de Pneumoloxía do HULA e exíxelle á Consellería de Sanidade que inicie os trámites necesarios para a súa destitución como xefe de servizo.

O secretarion nacional da federación da CIG, Manuel G. Moreira, considera que "un profesional que descualifica publicamente as persoas que traballamos na sanidade pública e que, ademais, ten entre as súas competencias xestionar as nosas condicións de traballo, non pode permanecer un minuto máis desenvolvendo estas funcións".

Subliña que o dereito das traballadoras e traballadores da sanidade pública a ter unhas condicións de traballo dignas "son a base da calidade do servizo á cidadanía que estamos chamados e chamadas a prestar".

Atentar contra as condicións de traballo dignas supón cuestionar unha prestación asistencial de calidade. Incide Moreira en que a Consellería de Sanidade é a última responsábel de garantir esa prestación asistencial de calidade, "polo que debe cesar de inmediato o xefe de servizo que se descualificou a si mesmo coas súas declaracións".