CIG-Saúde de Compostela alerta sobre a situación do servizo de Urxencias do Hospital Clínico
A CIG-Saúde de Compostela vén de alertar da situación na que se atopa o servizo de Urxencias do Hospital Clínico logo de procederese á súa reorganización pero mantendo o mesmo persoal.
CIG-Saúde de Compostela lembra que as e os profesionais dos distintos colectivos do Servizo de Urxencias, levan cerca dun ano reclamando un incremento de persoal así como de medios materiais, con distintas mobilizacións e reivindicacións.
Denuncia que, porén, a Xerencia a única solución que presentou foi a de “mover camas e sillóns de sitio, e bautizar salas con novos nomes, pero o número de traballdoras/es segue a ser o mesmo”.
Denuncian que esta reorganización é “un despropósito e unha auténtica temeridade”, ao proceder a esa distribución de novos espazos sen que aumente o número de traballadoras/es, máxime contando co mesmo persoal.
Por iso denuncia que “a Xerencia está abocando a estes profesionais, malia o moito interese e esforzo que poñen, a prestar unha atención totalmenne deficiente ás/aos usuarias/os”.