CIG-Industria concéntrase nos Xulgados do Social da Coruña contra o represión sindical en ELECNOR
A CIG-Industria da Coruña concentrouse esta mañá diante dos Xulgados do Social da Coruña coincidindo co xuízo dun membro do Comité de Empresa de Elecnor que foi trasladado pola empresa a Burgos.
Con esta mobilización a Federación de Industria da CIG denunciou a represión sindical que están a padecer os membros do Comité de Empresa por parte da dirección de Elecnor, que trasladou a un membro do comité da Coruña a Burgos por presuntas causas productivas e organizativas, alegando que non tiña carga de traballo para este compañeiro, pero si para as contratas que están a realizar o mesmo traballo que o traballador trasladado.
Diante disto, a CIG-Industria iniciou unha campaña de mobilizacións contra a represión sindical en Elecnor na Coruña e en apoio ao compañeiro trasladado cuxo caso quedou hoxe visto para sentenza.