CIG-Ensino insta a Educación a deixar o electoralismo e negociar con rigor e seriedade a OPE de 2020
A conselleira de Educación ven de anunciar a Oferta de Emprego Público para 2020, que se produce sen previa negociación coas organizacións sindicais, sen achegar datos sobre xubilacións, nin número de interinidades nas distintas especialidades. Un anuncio no que avanzou que se convocarían oposicións en 90 especialidades cun número total de prazas algo superior ao de 2019 e que a CIG-Ensino entende que responde a “mero electoralismo e non dá resposta ás necesidades do sistema educativo galego”.
O único que si se sabe é que non se vai crear novo emprego, porque así o impide o acordo dos sindicatos estatais co goberno central e porque os orzamentos da Xunta para 2020 mesmo recollen unha redución de 45 postos de traballo nos corpos de secundaria con respecto a 2019.
Dado que o acordo entre os sindicatos estatais co anterior goberno Rajoy impide a creación de novos postos de traballo, de cumprirse isto suporá unha simple substitución de profesorado temporal por fixo. Aínda máis, se temos en conta que o borrador dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano que vén inclúe unha redución de profesorado nos corpos de secundaria (pasamos de 17.966 no 2019 a 17.921 no 2020) está claro que esta OPE non vai resolver as carencias existentes no ensino público galego.
Así mesmo, outro dato que sorprende é o de que se convocarían prazas de 90 especialidades, algo que non acontecía desde o ano 2007, e para o que descoñecemos que estudo realizou a Consellaría ao respecto da idade e do número de persoal interino que hai en cada especialidade.
Neste sentido, e tendo en conta os datos de adxudicación de destinos provisionais deste curso, que sempre son algo inferiores ao número total de interinidades finalmente adxudicadas, na CIG-Ensino contabilizamos que hai 75 especialidades nas que traballan 10 ou máis persoas interinas e 41 nas que traballan 20 ou máis.
Isto significaría que despois de anos de conxelación de emprego público agora se convocarían procesos selectivos en especialidades con menos de 10 interinos traballando, pero dado que o número de prazas sería moi semellante ao do ano pasado, 1.788 de acceso libre e 2.064 se sumamos as de promoción interna que practicamente non se cobren, pódese intuír que serían moi poucas en cada especialidade, polo que de novo estamos ante unha estratexia meramente propagandística como a que nos ten acostumados a Consellaría nestes dous últimos anos.
Así pois, desde o sindicato instamos á súa titular a que negocie de forma rigorosa e seria a OPE de 2020 e que achegue os datos que permitan ver as necesidades educativas dos próximos anos no sistema público galego.
Acordo de estabilidade para o persoal interino
A Consellaría incrementou o número de interinos na última década polas limitacións nas taxas reposición de efectivos e agora, un profesorado que foi usado para facer fronte a esas necesidades, é desprezado pola propia administración.
Toda oferta pública de emprego debería diferenciar as prazas que son produto de xubilacións ou de falecementos das que, sendo estruturais e vacantes, foron ocupadas durante anos e anos por profesorado interino.
Un acceso diferenciado a estas prazas foi o que propuxo a CIG tanto na Mesa sectorial estatal como no Consello Escolar do Estado (a semana pasada) pero a nosa proposta foi rexeitada en ambos foros.
Así pois, a única alternativa para o colectivo interino, que pode verse abocado ao paro despois de moitos anos de conxelación de ofertas de emprego e que, tal e como se demostrou nestes últimos anos, non é o que maioritariamente aproba as oposicións, é que se inclúa unha cláusula de estabilidade no actual acordo que rexe a contratación de efectivos temporais no ensino público galego.
Neste sentido, a CIG-Ensino volverá reclamar a negociación desta cuestión na Mesa Sectorial na que se aborde a OPE de 2020 á que espera que a Consellaría acuda con ánimo de negociar e sen máis anuncios electorais que distorsionen dita negociación.
NOTA: nas seguintes táboas aparecen desagregadas as especialidades con máis de 10 interinidades adxudicadas no CADP deste ano, un dato que sempre se ve lixeiramente incrementado polas contratacións que se producen a maiores a comezos de curso pero que a Consellaría aínda non nos facilitou.
ESPECIALIDADES CORPO MESTRES/AS INTERINIDADES CADP
|
||||||||||||||||||
|
ESPECIALIDADES CORPO PROFESORADO SECUNDARIA |
INTERINIDADES CADP |
590001-Filosofía |
36 |
590003-Latín |
35 |
590004-Lingua castelá e literatura |
54 |
590005-Xeografía e historia |
60 |
590006-Matemáticas |
118 |
590007-Física e química |
57 |
590008-Bioloxía e xeoloxía |
44 |
590009-Debuxo |
62 |
590010-Francés |
47 |
590011-Inglés |
52 |
590016-Música |
10 |
590017-Educación Física |
43 |
590018-Orientación Educativa |
41 |
590019-Tecnoloxía |
24 |
590053-Lingua e literatura galega |
76 |
590061-Economía |
31 |
590101- Administración de empresas |
29 |
590103-Asesoría e procesos de imaxe persoal |
19 |
590105-Formación e orientación laboral |
40 |
590106-Hostalaría e turismo |
27 |
590107-Informática |
25 |
590108-Intervención sociocomunitaria |
13 |
590109-Navegación e instalacións mariñas |
13 |
590110-Organización e xestión comercial |
23 |
590111-0rganización e proc. de mantenemento de vehículos |
11 |
590112-0rganización e proxectos de fabricación mecánica |
15 |
590113-Organización e proxectos sistemas enerxéticos |
15 |
590115-Procesos de producción agraria |
12 |
590116-Procesos na industria alimentaria |
11 |
590117-Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos |
15 |
590118-Procesos sanitarios |
24 |
590119-Procesos e medios de comunicación |
13 |
590123-Procesos e produtos en madeira e moble |
17 |
590124-Sistemas electrónicos |
19 |
590125-Sistemas electrotécnicos e automáticos |
11 |
ESPECIALIDADES CORPO PTFP INTERINIDADES CADP
|
|
591033-Prácticas e actividades |
20 |
591033-Equipamentos electrónicos |
39 |
591201-Cociña e pastelaría |
22 |
591203-Estética |
19 |
591204-Fabricación e instalación de carpintería e moble |
17 |
591205-Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos |
14 |
591206-Instalacións electrotécnicas |
17 |
591208-Laboratorio |
16 |
591209-Mantemento de vehículos |
31 |
591211-Mecanizado e mantemento de máquinas |
16 |
591214-Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios |
18 |
591216-Operacións de produción agraria |
16 |
591217-Patronaxe e confección |
18 |
591218-Peiteado |
11 |
591219- Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico |
12 |
591220-Procedementos sanitarios e asistenciais |
28 |
591221-Procesos comerciais |
22 |
591222-Procesos de xestión administrativa |
29 |
591223-Produción de artes gráficas |
18 |
591225-Servizos á comunidade |
59 |
591225-Servizos de restauración |
16 |
591227-Sistemas e aplicacións informáticas |
48 |
591228-Soldadura |
19 |
591229-Técnicas e procedementos de imaxe e son |
27 |
ESPECIALIDADES CORPO PROFESORADO EOI |
INTERINIDADES CADP |
592004-Chinés |
10 |
592011-Inglés |
72 |
ESPECIALIDADES CORPO CMUS-ESAD |
INTERINIDADES CADP |
594436-Danza clásica |
10 |
594460-Linguaxe musical |
16 |
594423-Piano |
12 |
ESPECIALIDADES CORPO EASD |
INTERINIDADES CADP |
595509-Deseño interiores |
14 |
595512-Deseño gráfico |
12 |